Imprimir

Un museo da navegación en galego a instancias do BNG

bngbaiona | 21 de Novembro de 2016

Museo da navegación
Museo da navegación

Foi unha denuncia veciñal en marzo do 2015 a que puxo en alerta da cuestión, recibindo mesmo o Concello de Baiona unha notificación por parte da Xunta de Galiza, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística. E foi o Bloque Nacionalista Galego - Asembleas Abertas quenes elevaron a denuncia ao Pleno municipal. Finalmente dase cumprimento á normativa vixente, polo que os poderes públicos deben pular pola normalización lingüística do galego, idioma minorizado mais propio do noso país.

Non é éste o primeiro caso de desprezo ao noso idioma por parte do Concello de Baiona, que vén obviando o uso do galego en múltiples instancias. Ten sido o BNG-AA quen elevou constantemente a denuncia para que o Goberno municipal cumpra coa legalidade vixente e que éste non considere só a normalización lingüística como un medio para obter subvencións para xogos florais.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/museo-da-navegacion-galego-instancias-do-bng/20161121193920000971.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal