Imprimir

Baiona precisa duns orzamentos sociais

bngbaiona | 07 de Novembro de 2018

Fonte: Cadena Ser
Fonte: Cadena Ser

Diante da presentación da aprobación inicial dos Orzamentos Municipais para o exercicio 2018 o Bloque Nacionalista Galego considera que non é viábel a súa aprobación definitiva cun incremento en partidas de atencións protocolarias e representativas e de publicidade e propaganda nun total de 37.500 € cando existen outras prioridades para a veciñanza do Concello de Baiona.

Estes orzamentos contan con múltiples reparos de intervención que deixan ao descuberto a mala xestión, explicitada en incumprimentos legais que producen sancións e gastos en contenciosos por 54.300 €.

Debido á falta dunha Relación de Postos de Traballo, seguen a non regularse conceptos como nocturnidade, horas extras, festividades e compensacións.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG considera que non son un orzamentos que podan contar co seu apoio, mais que o mínimo esixíbel para que sexan uns Orzamentos Sociais son a aprobación das seguintes emendas:

1.     Diminución da partida de Promoción Cultural 334 20300 correspondente a iluminación do Nadal en 5.000 €, creando unha nova partida de Asistencia Social Primaria 231 22609 correspondente a Programa contra a Pobreza Enerxética polo mesmo importe.

2.    Eliminación da partida de Promoción Cultural correspondente a atencións protocolarias e representativas de 2.000 €, creando unha nova partida de Asistencia Social Primaria correspondente a Fondo Galego de Cooperación Internacional polo mesmo importe.

3.    Diminución da partida da Festa da Arribada correspondente a publicidade e propaganda en 5.000 €, creando unha nova partida do CIM correspondente a Desenvolvemento do IV PIOM polo mesmo importe.

4.    Eliminación das partidas de Promoción Cultural correspondente a publicidade e propaganda de 2.000 € e de Instalacións Deportivas corresponde a publicidade e propaganda de 500 €, creando unha nova de Asistencia Social Primaria correspondente Equipamento Escolar (mochilas e roupa deportiva) por 2.500 €.

5.    Eliminación da partida de Instalacións Deportivas correspondente a atencións protocolarias e representativas de 1.000 €, creando un novo programa de Inversión correspondente a Rehabilitación do Cemiterio Civil de Santa Cristina polo mesmo importe.

6.    Diminución da partida de Órganos de Goberno correspondente a a atencións protocolarias e representativas en 2.500 €, creando unha nova partida de Asistencia Social Primaria correspondente a Axudas a Comedores Escolares para Familias en Situación de Risco polo mesmo importe.

7.    Diminución da partida de Órganos de Goberno correspondente a a publicidade e propaganda en 26.000 €, creando tres novas partidas de Asistencia Social Primaria correspondente a Programa de Obradoiros e Cursos Sociais por 10.000 €, Terapia Familiar e Psicolóxica por 8.000 € e Programa de Educación Familiar por 8.000 €.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/baiona-precisa-duns-orzamentos-sociais/20181107150953001092.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal