O PARTIDO POPULAR VÉN DE APROBAR EN SOLITARIO E CO VOTO DE CALIDADE DO ALCALDE DE BAIONA A ORDENANZA DE ESTACIONAMENTO REGULADO GRATUÍTO (ZONA AZUL)

A ordenanza de aparcamento de Baiona expulsa aos residentes das súas rúas

Fonte da imaxe: Telemariñas
Fonte da imaxe: Telemariñas

Esta aprobación en solitario vén dado principalmente pola falta de disposición do Goberno Municipal a facer partícipe da súa elaboración ás forzas políticas da oposición.

A ordenanza de aparcamento de Baiona expulsa aos residentes das súas rúas

Por ese falta de diálogo faise máis evidente a política de movilidade do Partido Popular. A instauración de zonais azuis nas principais rúas do centro de Baiona provocan o desprazamento do estacionamento dos residentes, debemos ter en conta que as rúas Cidade de Vigo, Laureano Salgado e Marqués de Quintanar son as de menor índice de aparcadoiros privados de Baiona xunto á rúa Carabela a Pinta, co fin de substituilas por aparcadoiros provisionais, supostamente para beneficiar ao comercio.

Eis é o principal erro na percepción da movilidade do Partido Popular. O aparcadoiro que beneficia a todo o comercio do centro de Baiona é aquel que permite un estacionamento rápido e cercano, pero que induza ao paseo e non ao aparcamento a pé de porta.

Esta solución quedou cuberta coa instauración da hora gratuíta no aparcadoiro soterrado do Aral, polo que o convinte para as rúas máis céntricas debe ser unha zona verde para aparcamento exclusivo de residentes. No caso da Avenida Xulián Valverde as circunstancias son ben diferentes e xa o BNG as propuxera hai cinco anos, propostas que adoptou o Partido Popular nesta nova ordenanza.

Na proximidades da Avenida Xulián Valverde existen aparcadoiros disuasorios, polo que existen alternativas ao aparcamento en zona azul e nesta debe regularse a través de reloxos nos vehículos, como aproba o Partido Popular con cinco anos de retraso.

O fondo desta ordenanza non é outro que a falta dunha política de movilidade para Baiona por parte do Partido Popular, polo que acaban aprobando parches mediante copias e pegas doutros concellos, sin ter en conta as características e necesidades do noso concello e parroquias.