A PISCINA DO VAL MIÑOR CONTINUARÁ A SER XESTIONADA POR SERVIOCIO

Unha mala solución á xestión da piscina mancomunada

Xosé Manoel Marcote e Xavier Rodríguez
Xosé Manoel Marcote e Xavier Rodríguez

O trámite de adxudicación da piscina mancomunada comeza a ver o seu fin, mais evidencia que a actual empresa concesionaria estivo a xogar coa Mancomunidade, en colaboración coa súa Xunta de Goberno.

Unha mala solución á xestión da piscina mancomunada

O BNG foi o único en presentar alegacións e manifestar reparos no xeito de renovación da concesión. Cando a Xunta de Goberno estimou parcialmente estas alegacións, seguiu sin aceptar a realización dun estudo para a viabilidade dunha xestión pública do servizo, sin necesidade de licitar unha concesión. Así mesmo, manifestou as súas reticencias no estudo económico presentado pola empresa, quedando manifestamente demostrado que a concesión ten o suficiente marxe de beneficio como para asumir as inversión que o BNG demandaba (vestuario para o persoal, vaso pequeno na piscina e medidas de climatización sostíbeis), así como establecer a esixencia da calidade na contratación. A empresa concesionaria tamén mantivo un conflicto laboral co seu persoal cando non tiña ningún tipo de limitación económica no tocante á súa rendabilidade.

Así, demostróuse absolutamente irreal a esixencia dun 1%, cun mínimo de 10.000 € anuais. Sobre esta cuestión o BNG demandou establecer un mínimo para evitar a tentación de que a empresa concesionaria condicionase os usos e servizos da piscina mancomunada en favor das súas instalacións en Baiona. O argumento do daquela Presidente da Mancomunidade (Alcalde de Baiona) foi que non podían elevarse moito estas esixencias, xa que podería quedar o concurso deserto. A realidade demostrou o alonxado que estaba destes argumentos.

Todo se debe a que o estudo económico en nada se axusta á realidade, que o potencial da piscina mancomunada é enorme e que nestes últimos anos estívose desatendendo á mesma para darlle apariencia de actividade non tan rentábel.

Así mesmo, o informe de avaliación da documentación técnica elaborado por ADANTIA, a pesares de que non tivo custe, xa que a súa elaboración óa incluída no custe do estudo técnico anteriormente redactado, semella innecesario, en tanto en canto puido terse elaborado polo propio Tribunal da Mancomunidade. Non semella moi acaído que unha empresa privada teña que contratarse àra realizar un informe de avaliación da documentación técnica cando se trata duns termos tan sinxelos como valorar medios de acceso e de comunicación entre os usuarios e a concesionaria. O certo é que logo do estudo económico tan alonxado da realidade non debéramos darlle tampouco moita credibilidade.

Por todo isto o BNG abstívose neste paso previo á adxudicación definitiva, en tanto en canto se evidenciaron demasiados defectos no desenrolo deste proceso.

A vontade e compromiso do BNG cara 2023 é que si está nas súas mans a decisión, estudarase a posibilidade da xestión pública e a elaboración dun estudo económico que mellore as instalacións e servizos, nomeadamente a construcción dun vaso pequeno na piscina, un vestuario para o persoal e a incorporación de formas de climatización máis eficientes e sostíbeis.