ESTE VENRES, A PARTIRES DAS 20 HORAS, NA SÚA SEDE LOCAL (RÚA LAUREANO SALGADO 20B) O BNG ORGANIZA UN ENCONTRO NO QUE PARTICIPARÁN YASMINA MOREIRA, ANA BRINGAS E MERCEDES DOMÍNGUEZ.

Encontro aberto sobre a folga feminista do 8M

Encontro Feminista 8M
Encontro Feminista 8M

O éxito de convocatoria no pasado ano rebelou a necesidade de pedagoxía sobre esta folga. É por isto que cómpre activar aínda máis a participación nunha reivindicación na que todas as mulleres do mundo secunden activamente esta folga internacional.

Encontro aberto sobre a folga feminista do 8M

A desigualdade segue inserida en todos os eidos da sociedade e debe combatirse. Namentres persoeiros como o finalmente non asistente a Baiona Fernando Sánchez Dragó lanzan proclamas machistas co fin de asentar e multiplicar o machismo na sociedade, é precisamente ésta a que debe rebelarse para erradicar valores rancios que non teñen cabida en pleno século XXI.

O acto contará coa presentación de Yasmina Moreira, recentemente designada pola asemblea local do BNG en Baiona como membro da súa candidatura ás vindeiras Eleccións Municipais. Intervirán tamén Ana Bringas, Responsábel Nacional de Acción Feminista, e Mercedes Domínguez, sindicalista da CIG. Deseguido debaterase entres as persoas asistentes.

Tralos últimos acontecementos sucedidos na nosa vila fáise evidente a necesidade de combatirmos o machismo en todos os eidos. Por fortuna a presión social imperou e o machista Sánchez Dragó non deshonrará Baiona coa súa presenza. Non pode ser que veñamos de aprobar por unanimidade o IV Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, que sexa a primeira Festa da Arribada con Puntos Moradas e logo ao Goberno Municipal se lle ocurra que Fernando Sánchez Dragó sexa un ponente axeitado para convidar. Desde o BNG congratulámonos de que, unha vez máis o Goberno Municipal teña que rectificar porque a veciñanza baionesa se alza diante dunha decisión cando menos desafortunada, sinón temeraria. Fago, pois, un chamamento ás concelleiras de todos os grupos políticos do noso concello e por extensión a todas as baionesas para que secunden esta folga feminista unha vez máis”, afirma Yarmina Moreira.