A Concellería de Medio rural impulsa unha política activa de loita contra os lumes forestais

Iago Pereira, Concelleiro de Medio Rural
Iago Pereira, Concelleiro de Medio Rural

O Concello de Baiona, de mans da Concellería de Medio Rural encabezada por Iago Pereira, vén de asinar sendos convenios coa Xunta de Galiza e a FEGAMP en materia de prevención de lumes forestais.

A Concellería de Medio rural impulsa unha política activa de loita contra os lumes forestais

“A despreocupación absoluta do goberno do PP en Baiona derivou na inexistencia até o de agora dun plano municipal de prevención e defensa contra lumes forestais e dun plano de emerxencias, como esixe a lexislación e ante a imposibilidade de elaborar un plan para este ano levou a que tomáramos a decisión de asinar este convenio coa Consellería de Medio Rural en prol de  dotármonos de medios como prevención ante o que poida acontecer”, apuntou Iago Pereira.

O convenio establece a actuación durante tres meses dunha brigada de prevención, defensa e extinción de lumes forestais, composta por un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns, subvencionándose o salario dos operarios e operarias e os traballos realizados até un máximo de dez hectáreas. Para elo esíxeselle ao concello un vehículo axeitado, os epis correspondentes, maquinaria e materiais, un curso de formación de 16 horas para os operarios e operarias e o certificado médico coas probas correspondentes.

Os traballos a realizar están baseados nun Plano de actuacións preventivas que contempla actuar en vías e camiños forestais, áreas de cortalumes e faixas de xestión de biomasa forestal de titularidade municipal; superficies con titularidade descoñecida; e zonas de servidume de camiños e valgadas dentro da zona de xestión da biomasa. Por outra banda, o convenio de colaboración subscrito coa Xunta, FEGAMP e SEAGA céntrase na xestión de biomasa forestal nas faixas de seguridade secundarias e terciarias, garantindo as distancias do arborado e a súa limpeza.

Este convenio tamén permite a adhesión  ás  comunidades  de  montes  e  propietarios  particulares,  cun  custe  de  300  €  por hectárea.  Todos  os  traballos  a  realizar  a  través  deste  convenio  serán  executados  pola empresa  SEAGA  até  o  ano  2.022. Mais  tamén  vai  permitir  levar  adiante  proxectos  piloto  para  loitar  contra  o  abandono  das terras  e  a  xestión  da  biomasa  forestal  baixo  uns  criterios  posibles  para  o  Concello  de  Baiona, o  que  pode  permitir  poñer  en  valor  os  propios  terreos  da  xestión  da  biomasa  forestal  de  xeito multifuncional   e   sostible   con   iniciativas   como   árbores   froiteiras,   camelias   ou   prantas mediciñais,   proxectos   que   ademáis   contarían   con   importantes   axudas   públicas.

“A inexistencia  dun  plano  municipal  de  prevención  e  defensa  contra  lumes  forestais  e  dun  plano de  emerxencias  son  unha  tara  excesiva  á  hora  de  propoñer  calquera  tipo  de  actuación  en materia  de  prevención  de  lumes  forestais,  polo  que  esta  é  unha  das  nosas  principais prioridades. A  pesares  de  que  este  convenio  conta  con  diversos  inconvintes,  é  a  mellor  solución  a  corto prazo  para  Baiona  na  prevención  de  lumes  forestais  xa  que  a  inoperancia  da  anteriror concellería   do   PP  levounos  a  estar  incumprindo  coa  Lei.  Este  paso  vai  brindar  a oportunidade  de  manter  un  contacto  constante  coas  comunidades  de  montes  e  activar  o Consello  sectorial  do  Medio  rural,  co  fin  de  mellorar  as  futuras  alternativas  e  impulsar  a creación  de  novos  proxectos  piloto  que  sexan  transformadores  e  co  obxectivo  da  busca  da multifuncionalidade  das  zonas  rurais”,  dixo  Iago  Pereira.