CARLOS GÓMEZ RECUPERA A MESMA FESTA DOS MAIORES DO P.P.

O BNG non asistirá a “Festa dos maiores”

BNG en Baiona
BNG en Baiona
O BNG non asistirá a “Festa dos maiores”

Como xa é tradicional, o Bloque Nacionalista Galego non asistirá á electoralista “festa dos maiores”. O actual alcalde de Baiona ven de recuperar un acto exactamente igual que os que organizaban os anteriores gobernos do Partido Popular tanto liderados polo ex-alcalde Ángel Rodal como polo actual re-alcaldable Jesús Vázquez Almuiña: Misa, xantar e baile.

Este tipo de actos constitúen unha práctica política que non compartíamos cando gobernaba o PP, nin compartimos agora. É responsabilidade dos representantes públicos facer públicas as prioridades, cuestionando os cánones establecidos, practicando unha nova forma de exercer a política e desterrando vellas fórmulas de servilismo. No B.N.G. temos unha obriga moral que asumen Iago Pereira e Yasmina Moreira, constituida por aquelas persoas que apoian á formación nacionalista.

As persoas maiores teñen necesidades urxentes e máis importantes como a mellora do Servizo de Axuda no Fogar, alfabetización dixital, actividades de envellecemento activo e espazos de convivencia. Do mesmo xeito, entendemos que precisamente non pode haber maior homenaxe ás persoas maiores que respectar a súa sabiduría e independencia para unha libre elección da representación política e deixar de escenificar un encontro que non busca máis que a súa complacencia a cambio dun xantar.

O BNG non asistirá a “Festa dos maiores”