Apoio ás demandas dos pescadores de ocio contra a Lei Galega de Portos

Porto de Baiona
Porto de Baiona
Apoio ás demandas dos pescadores de ocio contra a Lei Galega de Portos

Novamente a través dunha moción do BNG se aprobou a petición á Xunta de Galiza para que se exclúa á pesca deportiva da prohibición que rexe sobre o desenvolvemento de actividades marisqueiras e pesqueiras nas augas interiores do porto constitutivas da denominada “zona I”.

A pesares de que o BNG pretendía ir máis aló e entrar no fondo doutras cuestións que afectan directamente a Baiona na aplicación da recentemente aprobada Lei de Portos, o Partido Popular quixo condicionar o seu apoio á moción na retirada dos primeiros puntos, que afondaban na necesidade de que os concellos teñan capacidade de actuación nos seus portos. En aras dun consenso e da aprobación daquel punto que está a ser fondamente reclamado polos baioneses e baionesas afeccionados á pesca deportivas retiráronse os puntos rexeitados polo Partido Popular e a moción ficou aprobada por unanimidade.