Conclusións ao Contencioso polo derrubo dos bungalows na Ladeira

Conclusións ao Contencioso polo derrubo dos bungalows na Ladeira

10312223

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar conclusións no Xuzgado do Contencioso Administrativo número dous de Vigo contra o recurso presentado polo Camping Baiona Playa polo que solicita a anulación da orde de demolición dos bungalows ilegais ubicados na Praia da Ladeira.

No escrito de conclusións (adxunto ao final do texto), Como xa se avanzara na nova publicada no mes de Outubro, relátanse todas as maniobras dilatorias do Camping Baiona Playa que non buscan máis que alongar no tempo a explotación dos bungalows ilegais e así amortizar a súa construcción.

O Bloque Nacionalista Galego agarda que finalmente conclúan estas maniobras dilatorias e se cumpla coa legalidade vixente, procedéndose ao definitivo derrube dos bungalows e a reposición da legalidade vixente.

Xa no período de alegacións ao PXOM de Baiona o BNG presentou a solicitude de reubicación do camping, recuperando o entorno da Praia da Ladeira sin ter que prescindir dun servicio hoteleiro que é preciso nunha vila turística como é Baiona, mais o Partido Popular continúa pechado no inmovilismo e a falta de diálogo.

Documento de conclusións:

https://drive.google.com/file/d/0BxpIu7FbL3DkUW0wRG0zM25uSm8/edit?usp=sharing