Asemblea aberta en Baiona

Asemblea aberta en Baiona

Asemblea Aberta-BAIONA450

O BNG en Baiona vén de convocar a baioneses e baionesas a unha asemblea aberta que se celebrará o vindeiro Xoves, a partires das vinte e trinta horas, na Praza de Abastos de Baiona. Coa mesma búscase unha interlocución directa con aquelas persoas que desexen achegar propostas e críticas para que a alternativa real que constitúe o BNG fronte aos partidos que non queren mudar as regras de xogo, ou facelo no seu propio beneficio, non só siga sendo referente sinón que se fortaleza no panorama político baionés.

É tempo de mudalo todo, non existe nada que non estea en cuestión. É a hora de que Baiona dea un xiro radical, mais este xiro precisa do compromiso e participación popular, daquelas persoas que abandeiren a loita pola democracia participativa, a xustiza e a dignidade.

As persoas do BNG que traballaron ao longo dos dous últimos anos por visibilizar as súas alternativas atopáronse con múltiples atrancos para chegar á maioría dos baioneses e baionesas. Só existe un xeito de evitalos, que é a interlocución directa. Mais non se trata de que o BNG diga o que quere para Baiona, sinón que Baiona diga o que quere do BNG.

Si queres participar no proceso impulsado polo BNG, tes un cita o vindeiro Xoves. É o momento, implícate!