Programa Electoral BNG - Municipais 2019

Foto da candidatura do BNG ás Municipais 2019
Foto da candidatura do BNG ás Municipais 2019

O documento presentado é a folla de ruta do que será un novo goberno social e transformador.

Programa Electoral BNG - Municipais 2019

O programa electoral que vén de presentar o BNG en Baiona resulta dun intenso traballo que comezou cunha rolda de consultas con colectivos sociais e veciñais e un posterior debate tanto interno como coa veciñanza, que parte do presentado nas Eleccións Municipais do 2015 mais actualizado á realidade do momento e enriquecido coas achegas de novas baionesas e baioneses que teñen comezado a participar do proxecto nacionalista nos últimos tempos.

Este incremento de apoios e colaboracións non é máis que o resultado dun traballo nos últimos catro anos caracterizado por marcar os tempos na política baionesa. Diante do goberno dos bandazos e as rectificación o BNG foi alternativa real con carácter propositivo, actuando responsabelmente en todo momento e exercendo unha oposición constructiva lonxe de ataques gratuítos e partidistas. As persoas que conforman a candidatura do BNG teñen as ideas claras e un proxecto transformador para Baiona e afrontan con ilusión unha nova etapa na que a presenza de concelleiras e concelleiros do BNG será decisiva.

"Convidamos a toda a veciñanza a que examine o noso programa e comprobe como as nosas propostas son realistas, transformadoras e sociais" dí Iago Pereira, candidato á Alcaldía de Baiona. "Lonxe de lanzar propostas estrela grandilocuentes que non deixan de ser máis que brindis ao sol que pretenden ser efectistas, nós apostamos por un proxecto realista, que atenda as verdadeiras necesidades da veciñanza, que conte con ela para levalo adiante e que convirta a Baiona na vila na que todos e todas queremos vivir".

Consulta o programa electoral do BNG para Baiona aquí: http://baiona.bng.gal/media/bngbaiona/files/2019/05/10/Programa-2019-interactivo-index.pdf

Programa Electoral BNG - Municipais 2019