O BNG rexistra máis de 1.000 sinaturas da veciñanza en contra da ampliación do Porto Deportivo de Baiona

Recollida de sinaturas
Recollida de sinaturas
O BNG rexistra máis de 1.000 sinaturas da veciñanza en contra da ampliación do Porto Deportivo de Baiona

O BNG en Baiona ven de rexistrar no Concello as máis de 1.000 sinaturas de persoas que amosan a oposición á ampliación do Porto Deportivo que recolleron nestes días despois da multitudinaria concentración e colocación de mesas para asinar.


O documento baixo o título “paremos a ampliación do Porto Deportivo de Baiona”, recolle o seguinte texto:

“O desastre medioambiental e paisaxístico que vai supor esta ampliación de 4.200 metros cadrados na nosa baía, igual que xa o fixo na primeira fase non so coa modificación da circulación das correntes mariñas senón tamén coa contaminación que supoñen mais embarcacións e coas novas restricións de zonas de pesca que isto traerá consigo.
Esta última ampliación do Porto Deportivo converterá definitivamente o noso concello nun espazo de explotación turística voraz que afecta directamente na vida da veciñanza. A problemática da ampliación do Porto Deportivo non só nos vai afectar a nivel ecolóxico senón tamén económico.”

O BNG sinala unha “total oposición a esta ampliación, sexa con formigón ou sobre piares”, e indica que “como quedou demostrado no pleno extraordinario deste pasado mércores o Partido Popular de Almuíña segue a apostar por uns intereses contrarios ao medio ambiente en xeral, a ao mariño en particular, a paisaxe, ao noso sector pesqueiro e a problemática da vivenda e, en consecuencia, á calidade de vida da nosa veciñanza”.

O BNG rexistra máis de 1.000 sinaturas da veciñanza en contra da ampliación do Porto Deportivo de Baiona