O BNG pide a supresión do camping de Baiona a través dunha enmenda aos OXE

O BNG pide a supresión do camping de Baiona a través dunha enmenda aos OXE

O BNG vén de presentar, de mans da diputada Olaia Fernández Davila, unha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) co fin de mellorar e acondicionar a praia da Ladeira, incluindo a adquisición de terreos onde se atopa ubicado a Camping de Baiona. O importe sinalado para esta actuación é de un millón douscentos mil euros (1.200.000 €), sendo unha vella reivindicación do BNG en Baiona que nunca contou co respaldo do Goberno do Estado.

Recientemente a Portavoz Municipal, Ana Rodríguez, viu de personarse ante as instancias xudiciais co fin de continuar coa demanda iniciada polo BNG solicitando o peche do Camping de Baiona e a recuperación dos terreos ocupados, co fin de que pasen a ser de titularidade pública.

O impacto medioambiental e paisaxístico do Camping de Baiona ten producido un grave menoscabo do entorno na súa actual ubicación, mais a disconformidade sobre a mesma non suprime a necesidade de existencia dun servizo hosteleiro desas características. Así, durante a exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona o BNG presentou tamén enmenda para reubicar o Camping nunha zona onde se producise menor impacto, sin ter resposta por parte do Concello de Baiona.

O procedemento de debate das enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado tense iniciado xa, mais a aprobación da presentada a respecto do Camping de Baiona e o acondicionamento da praia da Ladeira pasa polo voto favorable do Partido Popular, xa que conta con maioría absoluta na Cámara.

 

O BNG pide a supresión do camping de Baiona a través dunha enmenda aos OXE