O BNG deseña unha programación para dar visibilidade as realidades LGBTIQA+ en Baiona

Outubro Diverso
Outubro Diverso
O BNG deseña unha programación para dar visibilidade as realidades LGBTIQA+ en Baiona
A área de Igualdade dirixida polo BNG ven de deseñar  un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ e que se sucederán ao longo do mes de outubro. En concreto, o programa é o froito do traballo conxunto da Concellería de Igualdade de Baiona, dirixida pola concelleira do BNG Yasmina Moreira Costas e activistas da Marcha Mundial das Mulleres e da Casa Colorida, e conta tamén coa colaboración da Asociación de Amas de Casa de Baiona e a Asociación de Viúvas de Baiona.
 
Outubro Diverso cartel
 
O Outubro Diverso é un espazo de aprendizaxe, de coñecemento e de tecer rede. Este espazo nace baixo a necesidade de achegar as nosas vilas as realidades LGBTIQA+, e de visualizar e conversar sobre os eixos de traballo e activismos dos diferentes colectivos e persoas que fan parte desta programación. Todos e todas xuntas pretendemos construír un espazo que sexa o primeiro de moitos no Val Miñor, onde sigamos aterrando nas vilas as vivencias e procesos LGBTIQA+ para seguir aprendendo e compartindo, para acompañar as realidades diversas de moitas veciñas e veciños da vila e, sobre todo, para seguir xerando dende o comunitario un novo mundo onde entren todos os mundos.
 
Yasmina Moreira Costas, incide no “compromiso municipal da Concellería de Igualdade de seguir traballando de forma transversal nunha igualdade real, plural e diversa, camiñando na visualización da diversidade para avanzar cara ao respecto, a aceptación e a liberdade de toda condición sexual sen prexuízos e a expresión de sentimentos sen medos sociais. O “ Outubro Diverso” é unha aposta por resaltar a visibilidade da comunidade LGBTI e a loita polos seus dereitos permanentemente”.
O BNG deseña unha programación para dar visibilidade as realidades LGBTIQA+ en Baiona