O BNG denuncia a privatización de servizos do goberno do PP en Baiona

Iago Pereira, portavoz municipal do BNG
Iago Pereira, portavoz do BNG en Baiona
O BNG denuncia a privatización de servizos do goberno do PP en Baiona

O BNG denuncia unha vez máis “as políticas de constante privatización de servizos por parte do goberno local do Partido Popular que lle adica un 15% do orzamento, ou sexa, case 1,8 millóns de euros. Ademais, para este 2025 pagan un estudo coa idea de privatizar o servizo de recollida do lixo, sacándose a careta coa que amosaban moitísima preocupación cando estaban na oposición”.

Xa que logo, o goberno do PP de Baiona ven de aprobar en solitario 11,9 millóns de euros de orzamento municipal para este ano 2025. Un incremento do 6% con respecto ao do ano anterior, ou sexa, un aumento duns 700.000 euros.

O BNG sinala que “a pesares de dispoñer de máis recursos, o PP, segue a eliminar as partidas do Fondo galego de cooperación local (2.000 €), o convenio con AFAGA (2.000 €) e diversos convenios con clubs deportivos como os de bolos celta (8.000 €). Un total de 12.000 €, que supuñan tan so un 0,1 % do orzamento, que se eliminan do gasto social”.

O grupo nacionalista indica que “o desleixo da Xunta de Galiza do PP en materia de educación, servizo de axuda no fogar ou transporte, fai que a veciñanza baionesa paguemos máis de 1 millón de euros para estes servizos, asumindo competencias impropias para o concello como así sinala o informe do departamento de intervención”.

O BNG votou en contra destes orzamentos municipais porque consideran que “queda reflectido a incapacidade de xestión do goberno municipal do PP de Almuíña cando, a pesar de contar cunha Relación de Postos de Traballo que por primeira vez permite a contratación de persoal para os servizos públicos, tan so contempla á privatización de servizos, non o reforzo e mellora”.

O BNG denuncia a privatización de servizos do goberno do PP en Baiona