NON AO REGULAMENTO DE CONTROL DA PESCA DA UE
O BNG apoia ao sector pesqueiro e marisqueiro nas súas reivindicacións
O Concelleiro Iago Pereira e a Concelleira Yasmina Moreira respaldan á manifestación convocada pola Federación Galega de Confrarías e a Confraría A Anunciada de Baiona manifestando o seu total apoio na reivindicación pola imposición do regulamento de control da pesca, aprobado recentemente pola Eurocámara.
O BNG de Baiona manifesta o seu total respaldo á Federación Galega de Confrarías e a Confradía A Anunciada de Baiona na reivindicación pola imposición do regulamento de control da pesca, aprobado recentemente pola Eurocámara.
Xa que logo, tanto o portavoz municipal, Iago Pereira como a concelleira Yasmina Moreira, apoiaron á concentración convocada pola Federación Galega de Confrarías en protesta polo regulamento de control da pesca asistindo ao muelle de Baiona. A nosa vila mariñeira, vése afectada por este regulamento. Non podemos esquecer que son moitos os veciños e veciñas que viven do mar. Un traballo moi duro e sacrificado que se ve continuamente afectado, forzando así a que moita xente decida abandonar. Medidas coma estas son outro duro golpe para o sector e non podemos permitilo.
O BNG considera que a obriga de que todas as embarcacións de máis de catro metros teñan que estar xeolocalizadas, a instalación de cámaras a bordo e a esixencia de manter un diario electrónico supoñen “unha concepción errónea dos traballadores do mar que non ten en conta as súas condicións de traballo e está alonxado da realidade do sector da pesca e do marisqueo galego.”
Poñendo de manifesto que “queremos un tratamento respectuoso ao sector e que non sexa constantemente criminalizado porque esta normativa é un agravio para a pesca de Galiza”. Para os nacionalistas, “a defensa da pesca artesanal é fundamental ao tempo que a existencia dunha normativa común a todos os Estados da Unión Europea no control da pesca e que a pesca sexa sustentable non pode supoñer unha carga de traballo desproporcionada e unha constante ameazada para o sector da frota galega”.