O SERGAS NON CUBRE AS AUSENCIAS DE PERSOAL FACULTATIVO XERANDO MULTITUDE DE PROBLEMAS NO CENTRO DE SAÚDE DE BAIONA

AS NENAS E NENOS DE BAIONA SEN SERVIZO DE PEDIATRÍA POR TERCEIRO ANO

IMG-20191211-WA0000
AS NENAS E NENOS DE BAIONA SEN SERVIZO DE PEDIATRÍA POR TERCEIRO ANO
Despois de varias folgas do servizo de atención primaria neste ano 2.019 con concentración incluída do persoal facultativo do Centro de Saúde de Baiona, do recente peche do paritorio no Hospital de Verín, o continuado problema nos Puntos de Atención Continuada) PAC e a inacción e negativa por parte da Xunta de Galiza de facerse co control e co servizo sanitario de POVISA pon de manifesto que a  Xunta de Galiza só teñen o obxectivo de desmantelar o sistema sanitario público en favor da sanidade privada.
A nefasta xestión da Consellería de Sanidade, co noso veciño Jesús Vazquez Almuiña á cabeza, segue a problemas de servizo no noso Centro de Saúde de Baiona. A veciñanza estamos a padecer que non se cubran as ausencias de persoal facultativo e agora, por terceiro ano consecutivo, Baiona quedará sen servizo de pediatría. Esta vez do 1 ao 15 de decembro por vacacións do pediatra titular do Centro de Saúde de Baiona. 
Coma os anos anteriores, instan aos usuarios e usuarias a acudir ao Centro de Saúde de Val Miñor en horario de tarde como alternativa, cos problemas de mobilidade e conciliación que isto conleva. O repetitivo e vago argumento de que non existen facultativos para contratar é unha mentira e non por reiteralo vaise converter en realidade. 
Como nas anteriores ocasións, o BNG insta á veciñanza a que presente reclamacións ante o SERGAS, co fin de que se perciba o descontento da mesma e que dunha vez por todas se solucione este problema.
AS NENAS E NENOS DE BAIONA SEN SERVIZO DE PEDIATRÍA POR TERCEIRO ANO