Aprobada a concesión da piscina mancomunada con parte das achegas do BNG

Fonte: Faro de Vigo
Fonte: Faro de Vigo

Todo o procedemento de renovación da concesión da piscina mancomunada vén viciada desde o inicio da súa tramitación.

Aprobada a concesión da piscina mancomunada con parte das achegas do BNG

Comezou a tramitación coa Xunta de Goberno da Mancomunidade pasándoselle a data de vencemento da mesma, provocando que logo de dous anos sigamos nunha situación de prórroga provisional. Este feito víulle moi ben á empresa concesionaria para consolidar unha alternativa privada no Val Miñor e conlevou unhas incertidumes que veñen afectando negativamente tanto aos usuarios e usuarias do servizo como aos seus traballadores e traballadoras. Non contentos con isto, tense comprobado fehacientemente unha serie de incumprimentos e vicios que o Bloque Nacionalista Galego considera que deberían terse iniciado varios expedientes sancionadores. Uso indebido de datos de contacto para o envío de publicidade doutra instalación, falta de mantemento das instalacións de renovación de equipos, reducción de cursos e horarios e traslado de persoal son algunhas das actuacións que a empresa concesionaria vén desenvolvendo impunemente. Sí vén é certo que o Presidente da Mancomunidade recoñeceu ter trasladado apercibimentos, éstes non foron suficientes, a tenor dos feitos. 

A consecuencia é que nunha instalación con máis de 4.000 abonados e un promedio de usuarios diarios entre 800 e 1000 producíronse máis de 800 baixas durante este período de incertidume, si ben foi compensado en parte cunhas 400 novas altas. E cómo non se van producir estas baixas si téñense reducido cursos que xa estaban completos, debendo ter que notifcarlles que se anulaban. 

Recentemente máis de 150 usuarios recibiron unha chamada deste tipo. É curioso, porque no estudo de viabilidade precisamente relátase unha marxe asumíbel de baixas entorno ao 29% e de cursos de un día a semana do 77%, nada máis e nada menos.

O Bloque Nacionalista Galego considera fundamental que se resolva esta situación dunha e vez e percibe unha deixadez e despreocupación xeral da maioría dos membros da Xunta da Mancomunidade, confirmado no momento en que só o BNG foi quen de presentar alegacións aos pregos e que na comisión informativa para o debate das mesmas só se personaran os concelleiros do BNG en Baiona e Nigrán, o Alcalde de Nigrán, o Alcalde de Baiona e un concelleiro do Partido Popular e do PSOE baionés. Isto non menoscaba a actitude dialogante e con ánimo de entendimento que se desenvolveu nesa comisión informativa, o que permitiu enriquecer a proposta definitiva, concretando a inversión inicial obrigada para a instalación de aire acondicionado na sala de fitness e que o canon anual variábel teña un tope mínimo de 10.000 €, o que garantirá que a empresa concesionaria evite a tentación de desatender os servizos na instalación e a faga atractiva ao maior número de abonados e abonadas posíbeis.

Mais os concelleiros do BNG lamentaron que non se poideran concretar outras propostas, sobre todo

a que consideraron fundamental e sobre a cal se adquirira o compromiso de incorporar:  estudar a posibilidade de xestión pública, eliminando a necesidade de determinar unha empresa concesionaria e encargándose a propia Mancomunidade de levar a cabo o servizo. Dous son os aspectos fundamentais polos que esta cuestión é imprescindíbel, sendo o que determinou finalmente o sentido do voto nacionalista. A primeira é que se evidenciou que a Mancomunidade non ten ou non quere ter os medios necesarios para a fiscalización da execución do servizo, quedando á discreción da empresa concesionaria. A segunda é meramente económica. Si aceptamos as proxeccións do estudo económico-fnanceiro presentado por Adantia, a xestión da piscina mancomunada reportará uns benefcios medios anuais de 30.000 €, recursos que serían de inestimábel axuda aos maltreitos recursos da Mancomunidade do Val Miñor.

Lamentábelmente, o BNG considera que a mencionada deixadez da maioría de grupos vai impedir esta posibilidade. Entendendo que o Partido Popular ten no seu ADN a xestión pública a través de concesión privadas, non se pode obviar a responsabilidade do resto dos concelleiros da Xunta da Mancomunidade, que deberían ter outra perspectiva na xestión pública.

É por isto que o BNG, para dar fin a esta incertidume que xa se alonga demasiado no tempo, e para posibilitar que os abonados e abonadas da piscina mancomunada teñan un mellor servizo que o actual e os traballadores e traballadoras podan ficar tranquilas coa súa situación laboral, non se vai opoñer á proposta presentada, mais non a pode apoiar na súa totalidade. Independentemente disto, o BNG sinalou que siguen existindo cuestións que deberían modificarse para evitar precisamente que o proceso se alongue máis no tempo. 

Observaron, neste aspecto, que no anexo do cadro de persoal existen variacións significativas respecto á realidade, o que pode producir complicacións na licitación, Por exemplo, relaciónase infomación sobre o Director do Centro Deportivo, sinalando unha antigüedade de 15 anos e temos constancia que a titularidade desta función foi modificada recientemente. O mesmo sucedeu con varios monitores, de recoñecida valía.

Consideraron os concelleiros nacionalistas que esta información debe ser fehaciente, xa que calqueira empresa que opte á concesión podería consideralo motivo de anulación da licitación, feito que voltaría a prorrogar o período de incertidume. Tamén está a perderse unha ocasión para acometer outra serie de inversións nas instalacións, ao optar por unha concesión de só cinco anos de duración.

O BNG solicitou unha mellora da producción enerxética e bioclimatización, que sería unha inversión a recuperar mediante un menor consumo de combustíbeis fósiles, a construcción dun vaso pequeno e vestiarios para os traballadores e traballadoras. O compromiso adquirido é que unha vez vencida esta nova concesión estudarase acometelas. O BNG o demandará nese momento, agardando que o compromiso se cumpla, mais lamentando que teña que adiarse no tempo.

Outra cuestión, aceptada e aprobada no Pleno da Mancomunidade, foi que na proposta da Presidencia sometérase a aprobación o estudo económico-fnanceiro, propoñendo que se retirase dos puntos a aprobar e se incorpore como un antecedente, despois do último resultando, considerando que a Xunta da Mancomunidade non debe asumir a validez do mesmo, sinón que sexa a empresa licitadora quen, tras o seu coñecemento e contraste, xuzgue si o é ou non.

Lamentablemente tampouco quedou especificado o número de persoal mínimo requerido para estar presente en salas e horarios, así como que se inclúa unha valoración expresa da calidade na contratación, tanto para previr a precariedade como o número de persoal contratado a xornada completa.

Finalmente, tras o remate de todo este proceso de licitación, o BNG esixirá da Mancomunidade do Val Miñor a correspondente fiscalización, en base ás obrigas por parte da concesionaria que se relatan nos pregos e se impoñan as sancións que correspondan, de ser o caso. Só así verase cumprida a obriga da Xunta de Mancomunidade de garantir que se desempeñe este servizo público do mellor xeito posíbel.

O compromiso final do BNG foi que á finalización dos cinco anos de concesión se opte por recuperar a mesma para acometela mediante xestión pública e se podan acometer tamén as inversións que reclamaron mediante a presentación de alegacións.

Aprobada a concesión da piscina mancomunada con parte das achegas do BNG