Encontro Aberto coa deputada no Congreso Olaia Fernández Davila

Encontro Aberto coa deputada no Congreso Olaia Fernández Davila

O Bloque Nacionalista Galego dos concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona organizan o vindeiro Xoves 22 un encontro aberto coa Deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila. Éste celebrarase no salón da actos Ángel Bedriñana, na Praza de Abastos de Baiona.

A campaña informativa que está a desenvolver o BNG, baixo o epígrafe "Galiza, a forza que une" destaca a importancia dos vinte anos do nacionalismo galego no Congreso dos Deputados, sendo o único xeito de que as cuestións e problemáticas do noso país se debatiran.

O balance dunha lexislatura que está a rematar será unha das cuestións a prantexar, mais sin esquencer que no Estado Español, e nomeadamente en Galiza, ábrese un momento político que pon en cuestión o modelo de Estado e no que Galiza non pode deixar de ter esa voz propia que caracterizou a presenza do nacionalismo galego na cámara baixa. O traballo desenvolvido por Olaia Fernández Davila é a mellor demostración da importancia para Galiza de ter grupo parlamentario de seu, que lle dea máis forza ao noso país nunha lexislatura sen maiorías absolutas con debates vitais para definir o futuro das nacións.

A defensa dos intereses galegos estivo garantida grazas á presenza do nacionalismo galego. É por isto que o BNG está traballar con outras forzas políticas e, sobre todo, ca cidadanía afiliada ou non, pero que comparten o obxectivo de dar a Galiza grupo parlamentario propio, co fin de acadar unha candidatura unitaria galega.

A presentación correrá a cargo de Xosé Manoel Marcote, Concelleiro e Responsábel Local en Baiona.

Encontro Aberto coa deputada no Congreso Olaia Fernández Davila