Imprimir

Posicionamento do BNG respecto á dimisión de Vázquez Almuiña

Bloque Nacionalista Galego - Baiona | 05 de Outubro de 2015

Apenas transcurridos catro meses desde a celebración das Eleccións Municipais, o Partido Popular de Baiona amosa un novo despropósito cambiando ao alcalde que votou a maioría dos baioneses e baionesas.

Non obstante, felicitamos a Vázquez Almuiña polo seu nomeamento e desexamos que na súa xestión pule por unha sanidade pública e galega de calidade e que repare a desfeita producida no Álvaro Cunqueiro pola súa antecesora.

Contemplamos con preocupación como as loitas polo poder municipal poden afectar á xestión do noso concello, mais desde o Bloque Nacionalista Galego imos seguir traballando en positivo, achegando propostas polo ben dos baioneses e baionesas, fiscalizando a xestión do Partido Popular no Goberno Municipal e presentando a que será a alternativa transformadora en Baiona.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/posicionamento-do-bng-respecto-dimision-vazquez-almuinha/20151005195632000850.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal