Imprimir

Seis nomes para a alternativa nacionalista en Baiona

bngbaiona | 21 de Xullo de 2018

Primeiro tramo da candidatura do BNG en Baiona
Primeiro tramo da candidatura do BNG en Baiona

O actual Portavoz Municipal, Iago Pereira, repetirá como cabeza de cartel nas vindeiras Eleccións Municipais do 2019, xunto a unha equipa renovada e paritaria. “O fondo traballo desenvolvido nos últimos anos deu os seus froitos e o BNG por ver primeira é a alternativa real de gobernó ao Partido Popular”, di o recentemente nomeado candidato á Alcaldía de Baiona.

Ademáis do seu nomeamento a asamblea local nacionalista de Baiona designou ás cinco persoas que lle acompañarán no primeiro tramo de candidatura. “A presentación é colectiva porque así é a forma de ser do BNG. Ningún destaca nin se impón sobre os demáis, traballamos en equipo por un proxecto común e nacionalista para Baiona, onde se incorpora quen ten a inquedanza de facer unha Baiona mellor”, asegura.

Xunto a Iago Pereira preséntanse Yasmina Moreira, licenciada en Bellas Artes e traballadora forestal; Xosé Manoel Marcote, concelleiro nesta lexislatura e membro da Executiva Nacional; Patricia Mariscal, licenciada en bioloxía e activista medioambiental; Piño Blach, traballador do metal e Responsábel Local e Juli Castro, ama de casa e recientemente afiliada.

“Esta equipa será a encargada de coordinar a elaboración definitiva da nosa candidatura e o borrador do programa electoral sobre o que debatiremos durante a precampaña. Queremos que o maior número de baioneses e baionesas participen na elaboración do mesmo, porque coa experiencia das pasadas Eleccións Municipais a experiencia foi moi positiva e queremos seguir a avanzar niso. É máis, será a nosa seña de identidade si a veciñanza decide outorgarnos o privilexio de gobernar Baiona”.

“Con Marcote traballei man con man nesta lexislatura e xuntos culminamos unha etapar de rexeneración e refundación do BNG que en Baiona se trasladou en acción e iniciativas moi ben percibidas pola veciñanza. As incorporacións de Yasmina e Patricia están a enriquecer enormemente o noso traballo diario, aportando novos puntos de vista. A súa ilusión é contaxiosa e non dan aínda máis forzas. De Juli e Piño non pode haber máis que boas palabras, estiveron aí nos peores momentos e deron un paso á fronte cando nadie apostaba un euro polo BNG. O seu orgullo polo BNG foi revigorizante e contribui a que máis persoas que achegaran a nós. Houbo un tempo en que eran novas as baixas no BNG, hoxe as altas que se producen veñen dadas por todo este traballo e orgullo polo noso sinceiro proxecto. Non renunciamos a nada e agardamos que ese optimismo colectivo que nos trasladan os máis achegados chegue a unha maioría social baionesa e nos permitan convertir Baiona nun “Concello BNG”, dos que tanto nos gusta presumir. Non hai que mirar moi lonxe para ver en que se convertiu Tomiño, Pontevedra, Bueu, Carballo, Allariz… Baiona incorporarase a esa tendencia si a veciñanza o quere, só podemos decir que de ser así nos deixaremos a pel para non defraudarlles”, conclúe Iago Pereira.

O acto de presentación do primeiro tramo de candidatura celebróuse este Sábado cunha churrascada que xa é tradicionalmente organizada polo BNG como acto previo á conmemoración do Día da Patria, que este ano conmemora o 50 aniversario da súa primeira celebración.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/nomes-alternativa-nacionalista-baiona/20180721170945001067.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal