Desprezo do galego no Concello de Baiona

Desprezo do galego no Concello de Baiona

Museodanavegación

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona denuncia o total e absoluto desprezo do noso idioma e da normativa vixente por parte do Concello de Baiona.

Non é a primeira vez que o Partido Popular vén demostrando que o galego é algo que lle molesta e despreza, recordemos o caso do Pa-vi-be-llón de Baiona ou o do lema promocional "Baiona é meiga. Se queda en tí", éste último caso unha mostra evidente de porqué é necesario un servizo de normalización lingüística no noso concello. Agora tócalle o turno ao Museo da Navegación, onde na rotulación só está presente o castelán e o inglés.

A Lei da Administración Local de Galiza define no seu artigo sete que a lingua galega é a propia dos entes locais, polo que éstes deben empregalo en todos os seus ámbitos. Ademáis de que está continuamente incumpríndose a Lei de Normalización Lingüística, que obriga aos poderes públicos a promover o uso do galego. "Temos coñecemento de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística púxose en contacto co Concello de Baiona para que rectifiquen o máis axiña posible e que se produciron denuncias e reclamacións de distinto tipo por parte de veciños neste sentido", comenta Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG.

Así, a cabezonería do Partido Popular e do Alcalde de Baiona non só demostra a diglosia e falta de orgullo por algo que nos é tan propio como o noso idioma, sinón que ademáis acabará por supoñer un sobrecuste ás arcas municipais. Unha nova mostra dunha deficiente xestión e, o que é peor, un absoluto descoñecemento da legalidade vixente.

Desprezo do galego no Concello de Baiona