Concelleiros do Val Miñor e Ana Miranda reúnense coa Confraría de Baiona

IMG_20190215_202210
Iago Pereira e Ana Miranda xunto a membros da Confraría de Baiona

Os concelleiros do BNG en Baiona e Nigrán, xunto á eurodeputada Ana Miranda, mantiveron un encontro con membros da Confraría de Baiona para expresarlles o seu apoio ás demandas en defensa da pesca artesanal.

Concelleiros do Val Miñor e Ana Miranda reúnense coa Confraría de Baiona

A proposta de declaración institucional será refrendada no vindeiro Pleno Municipal, na busca de que o maior número posíbel de concellos actúen do mesmo xeito e demostren tanto á Xunta de Galiza como á Unión Europea que as medidas que se están a adoptar no sector pesqueiro condenan á pesca accidental, na súa modalidade de pesca artesanal, que é estratéxica e imprescindíbel para o sustento de moitas familias.

Até hai pouco a UE definía a pesca costeira artesanal como a desenvolvida por buques inferiores a 12 metros de eslora e con determinadas artes de pesca, considerando calqueira eslora superior ou con artes non consideradas artesanais como pesca industrial, provocando que non poidan acceder ás axudas dos Grupos de Acción Local de Pesca con fondos FEMP.

Do mesmo xeito, o criterio de reparto de cotas a través de datos de capturas históricas obvía que Galiza representa o 90% da frota de artes menores do Cantábrico-Noroestes e que en aplicación dese criterio non acada máis dun 15% de cota nalgunhas especies.

Non se entende esa regulación contra a pesca artesanal cando é a máis sustentábel e respectuosa co medio mariño.

Tamén xurdiu a cuestión da protección da Foz do Miñor, trasladando Ana Miranda á Plataforma en Defensa da Foz do Miñor o ofrecimento para realizar unha viaxe a Bruxelas durante o debate das medidas para o saneamento das rías.

Outra das cuestións abordadas foron medidas alonxadas da realidade que se impoñen desde órganos europeos, como a instalación de cámaras nas embarcacións.

O compromiso firme do BNG co sector pesqueiro conleva o apoio ás demandas para ampara a pesca artesanal e así exercerá a súa acción política en todos os estamentos nos que participen con representación própia.

Concelleiros do Val Miñor e Ana Miranda reúnense coa Confraría de Baiona