Imprimir

O BNG solicita a retirada da bandeira da UE

Bloque Nacionalista Galego - Baiona | 16 de marzo de 2016

Diante do encontro bilateral entre a UE e Turquía, asinando un acordo hipócrita e ilegal que contravén o dereito internacional e humanitario e permitindo a expulsión masiva de persoas, o Bloque Nacionalista Galego fai un chamamento pola defensa dun trato humanitario e xusto aos refuxiados e refuxiadas.

O trato recibido pola Unión Europea ás persoas refuxiadas é indigno, vulnerando os dereitos humanos e a legalidade internacional ademais de provocar o auxe de políticas xenófobas e racistas no conxunto de Europa. Apóiase agora nun país totalitario para sacarse un problema de enriba, pagando a quenes prohiben manifestacións, pechan webs e reprimen ao pobo kurdo. A poboación europea non pode nin debe mirar para outro lado.

Neste sentido, o BNG propón en sinal de repulsa e como acto simbólico a retirada das bandeiras da Unión Europea presentes na Casa do Concello de Baiona.

Esta retirada ten que ser unha medida máis de presión fronte a unha política que vulnera a legalidade, mais tamén a xustiza, a humanidade e os valores que deben impregnar calquera sociedade democrática. As políticas imperialistas dalgúns países da propia Unión europea e de EE.UU arrasan poboacións enteiras e provocan un drama humano inaceptable á altura do século XXI.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-solicita-retirada-da-bandeira-da-ue/20160316142842000857.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal