Imprimir

Seguimos apostando polo diálogo

bngbaiona | 14 de novembro de 2016

Iago Pereira. Voceiro municipal do BNG-AA
Iago Pereira. Voceiro municipal do BNG-AA

A xuntanza informativa do Goberno municipal con ACEBA á que foron convidados os grupos da oposición, asistindo PSOE e BNG, co fin de explicar a ordenanza de terrazas en espazos de uso público prodúcese tras estar xa ésta aprobada.

Após rexeitar, facendo uso do voto de calidade , a nosa proposta de diálogo e consenso previos á aprobación definitiva da ordenanza de terrazas en espazos de uso público, agora, coa ordenanza xa aprobada e sen vontade de rectificar faise imposible calquera outra vía que non sexa o acatamento da mesma. Esta reunión, convocada de forma tan urxente, amosa a intranquilidade e preocupación que xerou no colectivo de comerciantes e empresarios.

Así mesmo, o BNG reafirma a importancia do diálogo e participación veciñal para a toma de decisións. Nesa liña a primeira moción nacionalista nesta lexislatura solicitou a constitución dunha comisión para a elaboración dun regulamento de participación veciñal, sendo aprobada por unanimidade pero non efectivizada polo Goberno Municipal.

O BNG-AA seguirá apostando por realizar unha oposición construtiva, tendendo sempre a man ao goberno de Baiona polo ben dos veciños e veciñas.

Lamentamos que esta xuntanza chegue tarde, mal, sen vontade de cambio, non contando tan siquera con todos os colectivos afectados do concello e producíndose ademáis a instancias da petición realizada por ACEBA.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-sigue-apostando-polo-dialogo/20161114181400000967.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal