Imprimir

O BNG dispuxo dunha mesa informativa diante do Centro de Saúde

bngbaiona | 12 de Septembro de 2018

Preto dun cento de solicitudes foron tramitadas grazas ao posto de información do BNG
Preto dun cento de solicitudes foron tramitadas grazas ao posto de información do BNG

Até a mesa achegáronse centos de persoas que amosaron o seu descontento e preocupación polo desleixo, tanto da Consellería de Sanidade dirixida polo exalcalde Vazquez Almuiña, coma polo actual goberno municipal co seu alcalde, Ángel Rodal, á cabeza. “A vaga excusa da non existencia de substitutos e o cómplice silencio do Alcalde amosan unha grave despreocupación e unha incapacidade de xestión ante un problema que atinxe as/os nosas/os cativas/os”, dí Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona.

Na xornada recolléronse máis de 60 reclamacións que xa foron presentadas formalmente. “Dende o BNG consideramos un éxito e unha demostración de que aos Baioneses preocúpanos, e moito, o funcionamento do Centro de saúde ante esta inxustiza”, apúnta Iago Pereira.

Ante unha nova inxustiza social, Baiona volta manifestarse e o BNG estivo á carón das persoas. “Agradecemos profundamente a participación da xente e acollida que tivemos co único desexo de que o servizo de pediatría de Baiona non fique abandonado”, conclúe Iago Pereira.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-dispuxo-dunha-mesa-informativa-baionesas-es-diante-do-centro-saude-baiona/20180912190914001087.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal