Área metropolitana. Unha loita partidista

Área metropolitana. Unha loita partidista

No Pleno Municipal celebrado o día de hoxe, o Partido Popular presentou unha moción que pretendía ser consensuada, convocou xunta informativa media hora antes, sin marxe de maniobra para o acordo.

Nesta moción totalmente partidista, cando o propio Partido Popular non foi quen de desenvolver unha Lei da Área Metropolitana aprobada no 2012, prantéxase unha reforma da mesma con cinco puntos xenéricos e sin ter en conta ningunha das enmendas totais que o Bloque Nacionalista Galego presentou no Parlamento Galego no momento da aprobación da Lei da Área Metropolitana. Resulta evidente que non se pode consensuar un acordo si non se teñen en conta as achegas dos distintos grupos políticos.

O Bloque Nacionalista Galego, ainda así, é partidario do desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo, como ferramenta para unha mellor prestación de servizos aos habitantes da mesma, non empregándoa como ferramenta partidista, sexa contra a Xunta por parte do Alcalde de Vigo, ou á inversa.

A Lei, no seu capítulo 4º non contempla o financiamento, máis aló das aportación dos distintos concellos e os posibles tributos propios, o que representa a total inhibición do restos das administracións na súa contribución económica para garantir o funcionamento e a súa solvencia financieira.

Coa entrada do Bloque Nacionalista Galego na Diputación de Pontevedra, un dos eixos fundamentais do acordo de goberno foi precisamente o baleirado de competencias, como paso previo á súa definitiva desaparición, potenciando precisamente as áreas metropolitanas e os concellos.

Por todo isto o Bloque Nacionalista Galego abstívose na aprobación da moción partidista do Partido Popular, perdendo unha excelente ocasión para consensuar un acordo.

Área metropolitana. Unha loita partidista