​NUN PLENO MUNICIPAL PROTAGONIZADO POLA RENUNCIA DO ATE O DE AGORA ALCALDE, JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA, ÁNGEL RODAL, ALCALDE EN FUNCIÓNS, COMEZOU CON MAL PÉ O SEU CARGO.

O PP négase a debatir sobre a ILP contra a pobreza enerxética

O PP négase a debatir sobre a ILP contra a pobreza enerxética

Antes de dar comezo a celebración do Pleno o propio Ángel Rodal solicitou aos voceiros da oposición que no punto relativo á modificación dos estatutos da Mancomunidade do Val Miñor que non se opuxeran, co fin de non ter que empregar o voto de calidade. Isto sucede debido a que tras a renuncia de Vázque Almuiña a Corporación Municipal fica composta temporalmente por dezaseis membros, oito do grupo de goberno e oito dos grupos da oposición. Como xesto de xenerosidade os tres voceiros (PSOE, BNG e EU) aceptaron a petición.

Mais non dubidou o Partido Popular en facer empregar o voto de calidade do Alcalde en funcións para evitar o debate de dúas mocións de urxencia presentadas pola oposición.

No caso da presentada polo BNG resulta máis grave o feito, xa que foi obriga dos nacionalistas presentala ao decidir o Goberno Municipal facer caso omiso da moción presentada en tempo e forma pola Confederación Intersindical Galega. O BNG decidiu presentar a moción por urxencia, ao non tratarse en Comisión Informativa nin figurar na Orde do Día do Pleno Municipal.

Ésta é a atención que lle merece ao Partido Popular unha iniciativa sobre unha cuestión de tan relevante importancia para moitas familias baionesas e galegas.

Con todo, o BNG voltará a presentar a mencionada moción para o seu debate no Pleno Municipal de Novembro.

MOCIÓN DO BNG - ASEMBLEAS ABERTAS EN APÓIO Á ILP DA CIG SOBRE POBREZA ENERXÉTICA

O PP négase a debatir sobre a ILP contra a pobreza enerxética