O PP máis retrógrado descúbrese no Pleno Municipal

O PP máis retrógrado descúbrese no Pleno Municipal

 

pleno_baiona_febrero

 

Pódese enganar a un poucos moito tempo ou a moitos un pouco, mais o Partido Popular pouco tardou en manifestar a súa faciana máis retrógrada e involucionista, demostrando que non é quen de deixar atrás os vellos costumes da rancia dereita.

Comezaron xa o despropósito coa celebración da electoralista e anquilosada festa dos maiores, consistente en misa e xantar para 700 maiores do noso concello, dispoñendo dunha partida orzamentaria de nada máis e nada menos que de 17.000 €. Ante a nosa pregunta de porqué estaba presente o cura de Baiona na mesa presidencial, na que só faltaban as autoridades militares para completar o esperpento, o Alcalde baionés respostóunos que porque oficiara a misa e que sempre asistía. Por suposto, os concelleiros do BNG non ían lexitimar semellante despropósito coa súa asistencia.

Continuou o Partido Popular a súa deriva ultraconservadora ao negarse a debatir unha moción conxunta de BNG e IU, na que se solicitaba o apoio á liberdade sexual e afectiva e ás reinvidicacións LGBTI, que se conmemora o vindeiro 28 de Xuño.

Sin argumento ningún o Partido Popular negóuse a aprobar a urxencia da moción, toda vez que estaba xustificada a mesma debido a que o vindeiro Pleno Municipal celebrarase con posterioridade ao 28 de Xuño. Por todo isto no Concello de Baiona non ondeará a bandeira arco da vella, cando menos a instancias do Pleno Municipal.

Completou a xogada o Partido Popular ao negarse a aprobar a nosa moción, solicitando que se realicen estudos para que o Concello poida contratar o subministro de enerxía eléctrica con garantía de produción renovábel e a través das distintas cooperativas existentes. Demostrou o Alcalde un completo descoñe emento da materia, ao manifestar que non se pode garantir a produción renovábel porque "as cooperativas mercan todo tipo de enerxía no mercado libre".

Eis a auténtica facia do Partido Popular e o seu proxecto para Baiona. Afoftunadamente o BNG-Asembleas Abertas propón alternativa e non cesará no empeño de visibilizalas.

Moción LGBTI

Moción contratos eléctricos