Un parche no acceso á vivenda

Escubichas
Escubichas

O BNG-AA denunciou no Pleno municipal que o convenio entre FEGAMP e IGVS non supón un solución ás dificultades de acceso a unha vivenda por parte de baioneses e baionesas, que acaban renunciando á posibilidade de vivir no seu propio concello.

Un parche no acceso á vivenda

No Pleno municipal ordinario de Outubro o Goberno municipal propuxo a adhesión ao convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Instituto Galego de Vivenda e Solo. Este convenio contempla a entrada no mercado do aluguer de vivendas desocupadas, cunha renta non superior aos 300 € mensuais. Como contraprestación, a Xunta de Galiza asumiría o custe de subscrición a un seguro de fogar e outro de impago de rentas.

Entendemos que a opción é adscribirse ou non ao convenio e non cabe a súa modificación, xa que vén dado. Mais a nosa política de vivenda é diferente e busca como obxectivo final e real axudar ao acceso a unha vivenda digna e asequíbel a aquelas persoas que teñen dificultades de acceso a ela, non subvencionar a propietarios de vivendas que non as teñen a disposición en aluguer por mera especulación. Por isto, subvencionar co pago de seguros a cambio de limitar as rentas non é a mellor solución para que se dispoñan de vivendas en aluguer, por distintos motivos.

A limitación de renta a 300 € mensuais é tan xenérica que non se detalla si se inclúen os gastos de comunidade, suministros e outros gastos que poideran aplicarse. Nin siquera se establece un límite por metros cuadrados, como sí establece o Plan Estatal de Vivenda vixente. Deste xeito, unha vivenda de 30 metros cuadrados sin praza de garaxe nin rocho tería a mesma limitación que unha casa de 120 metros cuadrados e 1.000 metros de finca, por poñer dous exemplos. Por isto, serán as vivendas de menor calidade as que se acollerán a este convenio.

Está a subvencionarse ao arrendador en troques de ao arrendatario, optando pola política liberal do mercado privado de vivendas, cando a vivenda non é un producto, sinón un dereito. Precisamente ése ún dos problemas que provocaron a burbulla inmobiliaria, o rescate das caixas, e posteriores consecuencias. Trátase de apostar pola especulación fronte a garantir un dereito recollido no Artigo 47 da Constitución.

A política de vivenda do BNG é diametralmente oposta. Apostamos pola creación dun parque público de vivendas en aluguer autoxestionadas. O dereito á vivenda é tan fundamental como o dereito á sanidade ou á educación. E como interese público debe ser tratado, sin menoscabo dos acordos que as administracións públicas e os propietarios privados podan adoptar.

Perdéuse unha magnífica ocasión cando estoupou a burbulla inmobiliaria. O Partido Popular preferiu rescatar aos bancos que ás persoas e preferiu reforzar a banca privada en troques de crear unha verdadeira banca pública. Preferiron agasallar millóns de euros á banca especulativa que desafiuzaba e desafiuza ás persoas en troques de axudar ás persoas a que poideran pagar aos bancos, ou "liberar desa carga" aos bancos a través dunha banca pública non especulativa. Dese xeito non sería preciso rescatar aos bancos con cartos públicos e moito menos poñerlle un fermoso lazo para vendelos a especuladores que nun ano recuperaran a inversión. Sigue preferíndose dar un paraugas ao abrigado e quitarllo ao que está á choiva.

Mais a principal labor que debería estar realizando o Concello de Baiona para que existisen vivendas en aluguer a prezo asequíbel tería que ser facilitar a constucción de vivendas tanto na parcela dos Tendais como no PERI III do Burgo, a través dunha cesión do solo á Xunta de Galiza ou ben mediante concurso para a súa autoxestión, como detallamos no noso programa electoral do 2015.

Con todo, o máis importante non é asinar este convenio, sinón o uso que se lle dea e cómo se incentive que o número de vivendas en aluguer en Baiona aumente. Nesa labor fiscalizaremos as actuacións, como non podía ser doutra maneira.