Convocado Pleno de constitución da nova Corporación Municipal

Convocado Pleno de constitución da nova Corporación Municipal

O vindeiro Sábado 13, ás doce da mañá, celebrarase o primeiro Pleno Municipal da nova lexislatura en Baiona. Os únicos puntos na orde do día (enlázase convocatoria ao final do texto) serán o de constitución da Corporación Municipal e o de elección de Alcalde.

O Bloque Nacionalista Galego, en coherencia co manifestado nas diversas asembleas abertas celebradas nos últimos meses, presentóuse como a alternativa real ás políticas do Partido Popular e así o reflexará no momento da elección do Alcalde do Concello de Baiona. Xa que logo, o voto de Iago Pereira e Xosé Manoel Marcote, concelleiros electos grazas aos seiscentos oitenta e cinco votos acadados nas Eleccións Municipais celebradas o pasado vinte e catro de Maio, serán a favor do candidato a Alcaldía proposto polo BNG-Asembleas Abertas: Iago Pereira Moreda.

Nesta nova lexislatura o Bloque Nacionalista Galego afronta con ilusión a tarefa de representar a todos e todas as baionesas e baioneses que depositaron a súa confianza na única alternativa nacionalista e de esquerdas presente no noso concello, mais tamén co empeño de traballar durante os vindeiros catro anos co fin de demostrar que existe unha Baiona alternativa que non comparte o xeito de gobernar do Partido Popular.

É por elo que a vindeira semana convocarase unha nova asemblea aberta, no que se analizarán os resultados obtidos e a liña de actuación a curto e medio prazo.

Convocatoria de Pleno Municipal 13/06/2015