O BNG reclama solucións aos problemas coas tarxetas do transporte metropolitano

O BNG reclama solucións aos problemas coas tarxetas do transporte metropolitano

Desde a posta en marcha do servizo de transporte metropolitano o seu uso está a provocar diversos inconvintes entre os seus usuarios e usuarias. A tarxeta entregada por Abanca provoca erros de lectura á hora de acceder ao transporte público desempeñado por ATSA. Ao producirse este erro de lectura o usuario e mesmo o chófer vense en situacións comprometidas tales como retrasarse no servizo ou mesmo verse impedido de acceder ao transporte por non poder realizar o pago en efectivo. 

Os usuarios que sufriron este problema acudiron ás sucursais de Abanca e ou ben desde a entidade financieira achacan a culpa do mal funcionamento ao servizo implantado nos autobuses, ou a que era necesario un cambio de tarxeta. Este cambio supón un subrecuste para o usuario de dous euros, non cobrándoos Abanca só si a tarxeta non ten usos. Aqueles que se dirixen á oficina de ATSA reciben unha resposta á inversa, culpando a tarxetas defectuosas do mal funcionamento do servizo. 

Estes inconvintes producen ademáis un engadido, que é o da bonificación por número de desprazamentos realizados. Naquelas ocasións en que se tivo que recurrir a outro medio de pago, cun custe por servizo xa de por sí máis elevado, éstes non computan no número de desprazamentos mensuais e vén perdida a súa bonificación

É por isto que o Bloque Nacionalista Galego demandou no pasado Pleno Municipal que o Concello de Baiona inste ás tres partes: Xunta de Galiza, ATSA e Abanca, par que dean solución aos erros de funcionamento que se están a producir, non só polos inconvintes que sufren os usuarios e usuarias, sinón tamén porque isto evita que o uso da tarxeta metropolitana se xeneralice.

Así mesmo, O Bloque Nacionalista Galego solicitou que aqueles usuarios e usuarias que tiveran sufrido problemas no servizo sexan debidamente indemnizados e compensados polos sobrecustes e perda de bonificacións que sufriron.