O BNG presenta unha moción demandando apoio á Sanidade Pública

O BNG presenta unha moción demandando apoio á Sanidade Pública

Tras a xuntanza mantida coa Plataforma SOS Sanidade Pública, da que o BNG forma parte activa, e na que só o BNG representou aos concellos do Val Miñor, acordóuse apoiar a mobilización convocada para o vindeiro 3 de Setembro en Vigo e trasladar aos plenos municipais unha moción na que se demanda á Xunta que se poña en marcha un hospital cen por cen público, a adopción das medidas necesarias en materia de transporte para que o novo hospital conte coas comunicacións axeitadas e non se incentive artificialmente o transporte privado, co fin de fomentar a viabilidade dun aparcadoiro soterrado de xestión privada.

Do mesmo xeito, o BNG buscará o acordo unánime dos grupos con representación municipal, de tal xeito que fique aprobado o apoio a una Sanidade Pública fortemente sacudida polos recortes sociais e por un proceso privatizador que pretende facer un negocio dun servizo público imprescindible.

MOCIÓN DO BNG EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA