O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO EN BAIONA APOSTA POLOS SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPALIZADOS

Servizos públicos como maior garantía de equidade e xustiza social

Servizos públicos como maior garantía de equidade e xustiza social

Dende o Bloque Nacionalista Galego en Baiona consideramos que, non sabemos si de xeito interesado, se está levando o debate do funcionamento da recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria por un camiño errado. Entendemos que a política dos derradeiros anos amosou a fórmula utilizada polo neoliberalismo, entre outras, para desmantelar os servizos públicos creando Leis que impiden a contratación de persoal para que estes non funcionen e ter a excusa de privatizalos. Nos derradeiros anos sufrimos todo tipo de recortes na sanidade, en educación e nos concellos coa chamada “Lei Montoro”. Esta lesiva Lei, promulgada polo goberno do Partido Popular no Estado e apoiada polo goberno municipal do Partido Popular en Baiona, é un grave escollo para poder manter os servizos públicos municipalizados. O Bloque Nacionalista Galego considera que aquí é onde radica o verdadeiro debate e o cambio político que se debe dar para fortalecer, apostar e garantir que os servizos públicos sexan o garante da equidade e xustiza social.

Na nova de prensa publicada onte, 4 de setembro, no Atlántico Diario o voceiro do Grupo Municipal NÓS-Baiona e membro do goberno, o señor Carlos De la Peña asegurou que “una vez que se pongan las dos opciones posibles sobre la mesa se generará un intenso debate”. E adiantou que “llegado el momento aceptarán las aportaciones de los cinco grupos de la Corporación al entender que 'se trata de una problemática que afecta a todos”. Concordamos que unha vez que se poñan as opcións haberá un intenso debate e agradecemos que chegado o momento se acepten aportacións do Bloque Nacionalista Galego, non como no derradeiro pleno da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor onde as nosas propostas ao “Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo” non foron admitidas polo propio señor De la Peña que foi o encargado da súa redacción.

Na nova tamén afirma que "Tenemos que hacer un cálculo de cuánto nos costaría actualizar el servicio aunque para ello sería necesario hacer inversiones constantes, mientras que la otra vía se vincula a una externacionalización total bajo la fórmula de las concesiones por años determinados". Aparte de considerar que estas afirmacións, de ser certas, deberan ser da Concelleira de Medio Ambiente, a señora Rosa Dominguez Roda ou polo propio señor Alcalde, estaremos encantados de analizar en profundidade eses cálculos, cando se fagan, para, como se dí na publicación, ter un intenso debate porque o Bloque Nacionalista Galego de Baiona está sempre disposto a debater do que sexa.

Servizos públicos como maior garantía de equidade e xustiza social