Sin remunicipalización do auga en Baiona

Sin remunicipalización do auga en Baiona

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que o Goberno Municipal conclúa o proceso de adxudicación do servizo de auga, pendendo una excelente oportunidade para remunicipalizalo. O BNG manifestou desde o comezo deste proceso, na lexislatura pasada e onde ficou só nesta postura, que debía remunicipalizarse o servizo, por considerar esta xestión acaida para a administración municipal. Así, un servizo público ben xestionado sempre acabará repercutindo nun mellor servizo e mellores tarifas para os baioneses e baionesas.

Cando menos, congratulámonos de que desta vez toda a oposición se una á aposta da remunicipalización, demostrando que hai alternativa ás políticas do Partido Popular. Existe outra forma de exercer a política, unha forma a través da cal a Administración Municipal comprométese a xestionar os servizos, aforrando custes e axustando as tarifas dos mesmos.

Por suposto que non é sinxelo municipalizar un servizo, mesmo si o informe técnico tivera descartado obxectivamente esta posibilidade estaríamos noutro discurso, mais non foi así.

Ademáis de apostar por un modelo diferente ao prantexado polo BNG, o Goberno Municipal víuse inmerso nun proceso impugnado por algunha das empresas optantes, rematando coa actual adxudicataria, Espina y Delfín, sendo tamén a empresa con maior puntuación no proceso de selección. Semella que éste non será o último capítulo do proceso de adxudicación.

Sin remunicipalización do auga en Baiona