A DIMISIÓN DE VÁZQUEZ ALMUIÑA DEMOSTRA QUE O PARTIDO POPULAR NON TEN PLAN E NON LLE INTERESA O FUTURO DE BAIONA.

Posicionamento do BNG respecto á dimisión de Vázquez Almuiña

Posicionamento do BNG respecto á dimisión de Vázquez Almuiña

Apenas transcurridos catro meses desde a celebración das Eleccións Municipais, o Partido Popular de Baiona amosa un novo despropósito cambiando ao alcalde que votou a maioría dos baioneses e baionesas.

Non obstante, felicitamos a Vázquez Almuiña polo seu nomeamento e desexamos que na súa xestión pule por unha sanidade pública e galega de calidade e que repare a desfeita producida no Álvaro Cunqueiro pola súa antecesora.

Contemplamos con preocupación como as loitas polo poder municipal poden afectar á xestión do noso concello, mais desde o Bloque Nacionalista Galego imos seguir traballando en positivo, achegando propostas polo ben dos baioneses e baionesas, fiscalizando a xestión do Partido Popular no Goberno Municipal e presentando a que será a alternativa transformadora en Baiona.