DESPOIS DE ANULARSE NO VERÁN A CONFERENCIA DE MARIO CONDE O GOBERNO MUNICIPAL VOLVE ÁS ANDADAS CUNHA PERSOA DE DUBIDOSA ÉTICA

O Partido Popular repite despropósito coa conferencia do machista Sanchez Dragó

Fernando Sánchez Dragó
Fernando Sánchez Dragó

Unha vez máis o Partido Popular manifesta a súa deriva en Baiona. Si non foi suficiente que a presión veciñal fose a artífice de que o condenado Mario Conde non manchase o bo nome da nosa vila coa súa presenza nunha conferencia, agora volve á carga co machista e autoproclamado pederasta Fernando Sánchez Dragó.

O Partido Popular repite despropósito coa conferencia do machista Sanchez Dragó

Alguén que considera que unhas nenas de trece anos eran unhas “zorritas, putas e delincuentes” e por elo el ficaba fóra de calqueira delito por ter relacións sexuais con elas, non é que non mereza ter ningún tipo de vencello coa nosa vila, é que debe recibir o rexeitamento e desprezo colectivo.

Fernando Sánchez Dragó non só se autoproclamou orgulloso pederasta, sinón que ten manifestado o seu rexeitamento á Lei de Violencia de Xénero, cun discurso machista que non debe ser amparado. O Partido Popular baionés non pode aprobar cunha man o IV Plan De Igualdade entre Homes e Mulleres e coa outra man convidar a Fernando Sánchez Dragó.

Tampouco alcanzan os nacionalistas a entender o seu vencello coa Arribada e sospeitan que a súa ponencia se basee nun alarde de egocentrismo e machismo como relata no seu blogue: “Dos siglos y medio antes, el Archipirata Dragut, que dominó el Mediterráneo, fue el terror de la armada española, conquistó la isla toscana de Capraia, pegadita a Córcega, degolló a sus habitantes, se acostó con todas las mujeres de buen ver y fundó un reino de Taifa en el que hizo y deshizo a su antojo durante sabe Alá cuánto tiempo. Me gusta pensar, aunque hoy por hoy sólo sea wishful thinking  sin fundamento genealógico ni historiográfico, que los Dragó descendemos de ese hombre.”, para vencellar o “y allá, a su frente, Estambul!”, verso do famoso poema “La canción del pirata” de Espronceda, a unha descendencia xenealóxica do pirata Dragut. 

É por isto que o BNG fai un chamamento a toda a poboación baionesa para que manifeste a súa disconformidade, en exercicio da súa liberdade de expresión e participación democrática nas decisións que lles afectan, e deixen claro ao Goberno Municipal que as manifestacións machistas e a pederastia non teñen cabida en Baiona.

Por outra parte, o BNG tamén poñerá en coñecemento destes feitos aos concellos de Santa Fe de Granada e Palos de la Frontera, co fin de que manifesten a súa disconformidade co vencellamento desta personaxe ao Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos.

“Agardamos que impere a cordura e que en plena campaña electoral (a conferencia celebraríase o 16 de Maio) non teñamos que presenciar un novo e vergoñento episodio de desvergonza protagonizado por unha decisión inconsciente do Goberno Municipal que non é quen de liderar Ángel Rodal”, afirma Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG en Baiona.