Unha nova etapa na rede

Unha nova etapa na rede

O BNG en Baiona continúa empregando as ferramentas dixitais para chegar á cidadanía. As redes sociais son un medio ampliamente empregado, mais a súa inmediatez e brevidade precisan dun apoio externo.

Eis onde entran en xogos as ferramentas clásicas da rede, blogs e webs. Xa que logo, a posta en marcha da web local do BNG en Baiona dentro da web nacional do BNG era un paso natural.

Agardamos poder informar aos baioneses e baionesas da actualidade de noso Concello con toda a fluidez e claridade que podamos permitirmos. Porque non debemos esquecernos que non todas as formacións políticas son iguais. O Bloque Nacionalista Galego conta como o seu máis valioso activo o traballo altruista da súa militancia.

Nestes momentos nos que é tan importante a reactivación da conciencia social imos pór as ferramentas dixitais a funcionar masivamente, porque HAI ALTERNATIVA e está no BNG!