ABRIU DE NOVO O MUSEO DA NAVEGACIÓN EN BAIONA, DESTA VEZ CUMPRINDO COA NORMATIVA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA QUE ANTERIORMENTE NON RESPETABA.

Un museo da navegación en galego a instancias do BNG

Museo da navegación
Museo da navegación
Un museo da navegación en galego a instancias do BNG

Foi unha denuncia veciñal en marzo do 2015 a que puxo en alerta da cuestión, recibindo mesmo o Concello de Baiona unha notificación por parte da Xunta de Galiza, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística. E foi o Bloque Nacionalista Galego - Asembleas Abertas quenes elevaron a denuncia ao Pleno municipal. Finalmente dase cumprimento á normativa vixente, polo que os poderes públicos deben pular pola normalización lingüística do galego, idioma minorizado mais propio do noso país.

Non é éste o primeiro caso de desprezo ao noso idioma por parte do Concello de Baiona, que vén obviando o uso do galego en múltiples instancias. Ten sido o BNG-AA quen elevou constantemente a denuncia para que o Goberno municipal cumpra coa legalidade vixente e que éste non considere só a normalización lingüística como un medio para obter subvencións para xogos florais.