Indignación pola deficiente apertura da piscina mancomunada

As instalacións da piscina sin aparatos de ximnasia
As instalacións da piscina sin aparatos de ximnasia

A pesares do compromiso do Goberno da Mancomunidade a reapertura da piscina mancomunada volta a despertar queixas dos usuarios e usuarias

Indignación pola deficiente apertura da piscina mancomunada

As salas do ximnasio cáseque sin aparatos de ximnasia, só as que se empregaron para a foto de prensa cos alcaldes, o persoal da piscina tendo que excusarse e os usuarios e usuarias voltando aos vestiarios a mudarse por non poder realizar os seus exercicios diarios. Así comeza a renovada xestión da piscina mancomunada no Val Miñor.

Si ben a piscina está operativa desde a reapertura, as área de ximnasio e outras actividades fican cun desolador panorama. Moitos dos usuarios non só manifestaron as súas queixas ao persoal sinón que fixeron ver o seu malestar porque se abra nesas condicións e se anuncie o cobro da cota mensual por un servizo que non se está a prestar. O persoal comunicou aos usuarios e usuarios que se conta con que na vindeira fin de semana cheguen os equipos faltantes, algo que non se advertiu na comunicación de reapertura que emitiu a concesionaria.

O Bloque Nacionalista Galego reclamará explicacións e responsabilidades, logo de que na última xunta da mancomunidade o Presidente da Mancomunidade e Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, advertise que se realizaría unha supervisión dos traballos de acondicionamento da instalación e anima a todos os usuarios e usuarias a que presenten reclamacións e soliciten o non cobro da cota mensual por non prestarse os servizos contratados. Mais non só faltan equipos, anuncióuse un investimento de 260.000 € pero pode comprobarse que nos vestiarios só se parchearon as gretas e desconchados, siguen a existir marcos de portas desconchados ou remates de carpintería mediante cinta adhesiva.

“A pesares das múltiples advertencias do BNG esta adxudicación naceu deficiente e agora o van a pagar os usuarios e usuarias e o persoal da piscina. Mesmo rondou a posibilidade dun ERE ao persoal, algo que podería terse evitado de terse aceptado o condicionante da calidade na contratación que propuxemos”, comenta Xosé M. Marcote, portavoz do BNG na Xunta da Mancomunidade.

Indignación pola deficiente apertura da piscina mancomunada