Cooperativismo e economía social. Xornadas de debate

Cooperativismo e economía social. Xornadas de debate

O vindeiro Venres 27, a partires das 19.30 horas, na Praza de Abastos de Baiona, o Bloque Nacionalista Galego - Asembleas Abertas celebrará unhas xornadas de debate entorno ao cooperativismo e a economía social. A este encontro aberto a todos os baioneses e baionesas abordaranse tres casos de éxito de cooperativas en tres diferentes eidos.

Óscar Milego, cooperativista de Nosa Enerxía, expoñerá cómo pode terse contratada enerxía eléctrica na casa sin ter que recurrir ás empresas oligopólicas do mercado enerxético. Non só autoxestionando a compra no mercado enerxético, sinón tamén comezando a xerar enerxía propia e garantindo un subministro 100% sostíbel.

Xosé Manoel Marcote, concelleiro do BNG-AA en Baiona, mais tamén cooperativista de Baiona SCGV, falará da cooperativa de vivendas que na parroquia de Santa Cristina foi quen de autopromover un edificio de dezasete vivendas protexidas, sin necesidade de intermediarios e acadando unhas vivendas dignas ao prezo real de construcción, exentas de especulación urbanística.

Manuel Adame traerá finalmente a debate a proposta de banca ética que FIARE vén desenvolvendo noutros países e comunidades no Estado español e que iniciou xa a súa andaina noso país hai relativamente pouco tempo. Esta modesta aposta nun sector tan pechado ás grandes corporacións vén a demostrar que con capacidade de xestión, empeño e traballo colectivo non existe un só ámbito no que o cooperativismo non poda desenrolar proxectos.

Misturado con estas exposicións Adrián Dios, membro sainte da Executiva Nacional do BNG, dará pé ao debate entorno ás propostas nacionalistas de Banca Pública Galea, Tarifa Eléctrica Galega e o Plan Sectorial de Solo Residencial que se desenrolou na Xunta mais que o Partido Popular desactivou.

Tras as intervencións e preguntas dos asistentes éstes poderán debatir polo miúdo das cuestións abordadas, xa de xeito máis informal.

Cooperativismo e economía social. Xornadas de debate