Continúan as maniobras dilatorias do Camping de Baiona

Continúan as maniobras dilatorias do Camping de Baiona

O Bloque Nacionalista Galego a través da parlamentaria no Congreso dos Diputados pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, vén de presentar unha alegación aos Orzamentos Xerais do Estado, en relación ao traslado do Camping Bayona Playa e a recuperación do litoral baionés na Praia da Ladeira.

Neste senso a alegación prantexa que se actúe a través da vía da expropiación e indemnización aos propietarios dos terreos. Mediante esta expropiación permitiríase realizar unha actuación para a recuperación do entorno protexido da Ladeira. Como xeito de evitar que o noso concello deixe de contar con esta infraestructura hoteleira o BNG xa presentara unha alegación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, co fin de que se habilite unha superficie alternativa no que trasladar o camping. A alegación aos Orzamentos Xerais do Estado supoñen unha partida de un millón doucentos mil euros.

Así mesmo, a formación frentista continúa personándose nos procesos xudiciais iniciados para a reclamación da retirada dos bungalows instalados ilegalmente. O Camping Bayona Playa os instalou sen licenza urbanística que os amparase, en solo non urbanizable de protección paisaxística; de acordo co PXOU de Baiona publicado no BOP de 2 de Agosto de 1.994 e 3 de Agosto do mesmo ano. Ademáis, atópase dentro da zona de deslinde marítimo terrestre e do ámbito da Rede Natura.

A raiz desa actuación ilegal abríuse un Expediente de Reposición da Legalidade Urbanística (RLU) que concluiu cunha orde de demolición dos trinta e catro bungalows e unha sanción pecunaria de 23.940.276 Ptas. Esta resolución foi recurrida ante o Xuzgado do Contencioso Administrativo de Vigo, que a confirmou na súa integridade en Outubro do 2.001, sendo esta sentenza confirmada polo Tribunal de Xustiza de Galiza en Setembro do 2.005.

Xa que logo, existe unha resolución firme que ordena o derribo de trinta e catro bungalows. Como consecuencia directa destas sentenzas dictáronse dúas ordes de execución, en decembro do 2.011 e febreiro do 2.012. Ambas ficaron recurridas en reposición, polos propietarios do Camping Bayona Playa, mais mediante resolucións en marzo e maio do 2.012 foron desestimadas.

Así mesmo, o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra resolveu en xullo do 2.000 impor unha multa ao Camping Bayona Playa unha multa de cinco millóns de pesetas e a demolición do debidamente construido e instalado. Esta resolución quedou confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en xullo do 2.004

A pesares de que a día de hoxe os bungalows seguen sin estar amparados por ningunha licenza éstes siguen en pé debido a unha estratexia dilatoria por parte do Camping Bayona Playa.

Xa que logo, desde o Bloque Nacionalista Galego considéranse todas estas maniobras legais un xeito de dilatar no tempo a execución xudicial e continuar a amortizar o custe dos bungalows. Así o fixo ver na contestación a unha nova demanda presentada polo Camping Bayona Playa no seu intento de extender no tempo unha execución definitiva que non ten discusión algunha. Mesmo se reclama que desde o Concello de Baiona  practiquen as multas coercitivas que en base a lei poden executarse desde a firmeza da orde de derribo en Setembro do 2.005.