A DIMISIÓN DO XEFE DE SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA DO CENTRO DE SAÚDE DE BAIONA PON EN RISCO A VIDA E A SAÚDE DAS PERSOAS.

Coa saúde das baionesas e baioneses non se xoga

Feijóo e Vázquez Amuíña
Fonte: Diariofarma.com
Feijóo e Vázquez Amuíña Fonte: Diariofarma.com
Coa saúde das baionesas e baioneses non se xoga

A dimisión do xefe de servizo de Atención Primaria do centro de saúde de Baiona pon en risco a vida e a saúde das persoas.

Estase a converter en costume asistir a outro nefasto capítulo das políticas sanitarias do PP que segue un plan privatizador e de recortes en medios e persoal sanitario coa finalidade do desmantelamento da sanidade pública para o beneficio de empresas privadas. 

No derradeiro decenio son constantes e múltiples as denuncias das usuarias e usuarios e as protestas do persoal sanitario contra os recortes na sanidade, para reclamar máis persoal e medios nos PACs, contra o chantaxe que están a sufrir os profesionais en POVISA, demandas de substitucións en atención primaria, pediatría, radioloxía, psiquiatría...

O BNG ven denunciando sistematicamente estas políticas do PP, co Conselleiro Almuiña á cabeza, que conducen á sanidade a unha grave situación de deterioro, con listas de espera inaceptables, expulsión de moitos e moitas profesionais do noso sistema público sanitario e cunha política que pon en risco a vida e a saúde das persoas.

Así, nestes derradeiros anos foron moitas as nosas iniciativas e propostas no pleno do Concello de Baiona para que a sanidade galega sexa pública, universal e da calidade que merecemos as galegas e galegos. Xa que logo, presentamos as seguintes mocións :

•  Por unha xestión pública do novo hospital de Vigo

•  Supresión do “copago farmacéutico”

•  Creación dos consellos de saúde das áreas sanitarias

•  Información sobre o novo concerto con POVISA

•  Prescrición de fármacos a persoas doentes de hepatite C

•  Garantir a asistencia sanitaria aos galegos e galegas que saian fóra do estado por máis de 90 días

•  Demandar que o novo hospìtal de Vigo dispoña de laboratorio central

•  Sustitución de persoal no servizo de atención primaria do Val Miñor de A Xunqueira.  

•  Hospital Álvaro Cunqueiro de xestión pública e con servizo de transporte                      

•  Substitución de ausencias do persoal de radioloxía, fisioterapia, psicoloxía e psiquiatría no servizo de atención primaria de A Xunqueira                         

•  Substitución no servizo de pediatría no centro de saúde de Baiona

•  Información da posibilidade de cambio de hospital para as veciñas e veciños

Dende o BNG de Baiona esiximos ao Alcalde Ángel Rodal que se poña á carón das veciñas e veciños de Baiona porque coa saúde das Baionesas e Baioneses non se xoga.