O BNG solicita a celebración dunha Xunta Extraordinaria da Mancomunidade ante as deficiencias do servizo na Piscina Mancomunada

Deterioro das instalacións sin reparar
Deterioro das instalacións sin reparar

Pese ás advertencias realizacas polos nacionalistas durante a elaboración dos pregos de condicións para a nova concesión, Partido Popular e PSOE alineáronse na súa tramitación

O BNG solicita a celebración dunha Xunta Extraordinaria da Mancomunidade ante as deficiencias do servizo na Piscina Mancomunada

Era a crónica dun escándalo anunciado, o BNG xa deixa patente a falta de compromiso de todos os grupos políticos á hora de defender os intereses de usuarios e usuarias fronte a unha concesionaria que fica máis preocupada por viabilidar as súas instalacións privadas en Sabarís que en prestar o servizo público na Piscina Mancomunada.

É por elo que vén de solicitar ao Goberno da Mancomunidade que non só convoque con carácter de urxencia a Comisión de Seguimento correspondente, sinón que se convoque unha Xunta da Mancomunidade, publicitando e convidando a todas as persoas afectadas a que asistan.

Nesa Xunta da Mancomunidade deberá presentarse informe do supervisor contratado para comprobar a correcta execución das melloras esixidas, así como o mantemento axeitado das instalación, incluída unha relación de importes e facturas das reparacións e melloras executadas, informe que solicita tamén o BNG para o estudo por parte de toda a Xunta da Mancomunidade.

Así mesmo, deben aclararse e depurarse responsabilidades no tocante á contratación dunha persoa cun evidente conflicto de interese con Serviocio, o porqué de que os tres Alcaldes do Val Miñor acudan á Piscina Mancomunada e non só non comproben a correcta execución das obras sinón que nin siquera advirtan á empresa concesionaria que nas condicións en que estaba ésta non poderían reabrir nas datas acordadas.

Tamén esixe o BNG que se abra un expediente sancionador por faltas moi graves á empresa concesionaria e que indemnice axeitadamente ás usuarios e usuarias, non só co abono dun 25% ou un 50% da cota mensual do mes de Setembro.

Cómpre lembrar que só o BNG presentou alegacións ao prego do concurso e que nelas reclamaba o estudo para a xestión pública do servizo, ao poder comprobarse que no réxime de concesión existían vicios e irregularidades que só provocaban un peor servizo aos usuarios e usuarias. Nesas alegacións tamén se reclamaba a valoración da calidade na contratación, algo que a formación nacionalista considera fundamental, xa que ante posíbeis sancións e indemnizacións temen que sexa o persoal das instalación quenes paguen as consecuencias.