O BNG critica a ausencia de Plenos da Mancomunidade

O BNG critica a ausencia de Plenos da Mancomunidade

O BNG, a través do seu representante na Mancomunicade do Val Miñor e Portavoz Municipal no Concello de Nigrán, Xavier Rodríguez, lamenta a incapacidade do Alcalde de Nigrán e actual Presidente da Mancomunidade, para convocar unha sesión plenaria desde que el asumiu a Presidencia do Organismo supramunicipal, isto é, desde o 1 de xaneiro de 2013.

A pesares de que as Xuntas da Mancomunidade están establecidas con carácter bimestral, Alberto Valverde non foi quen de convocar ningunha no que vai de ano, coa conseguinte falta de discusión e aprobación de asuntos tan importantes como poden ser os propios orzamentos do ente, que aínda non foron presentados.

Para ser xustos, hai que dicir que esta ausencia de actividade contrasta coa dos seus predecesores na Presidencia, os alcaldes de Gondomar e Baiona, que si mantiveron o ritmo normal de sesións do Organismo.

Todavía é máis sorprendente esta desidia, si a comparamos coa premura coa que convoca un Pleno Extraordinario Urxente no Concello de Nigrán para o día seguinte á suspensión do Ordinario como consecuencia das protestas dos afectados polas participacións preferentes. Convocatoria que realiza incumplindo o prazo establecido pola lei, ao notificarlla aos membros da Corporación con menos de 24 horas de antelación sobre a súa celebración. Irregularidade ésta que motivou a ausencia do BNG en dita Sesión, tal e como se lle manifestou expresamente ao Alcalde.

Ante un comportamento tan dispar, cabe preguntarse si a diferencia entre tanto interés por unha banda e tanta desidia por outra radica no feito de que pola asistencia aos Plenos da Mancomunidade non se cobran asistencias, co cal os seus concelleiros non perciben cantidade algunha por acudir.