A PLATAFORMA HABLEMOS ESPAÑOL NON PODERÁ RECOLLER SINATURAS PARA A SÚA ILP EN BAIONA

En Baiona non existe conflicto lingüístico

manifestacion-galego-compostela--644x362
Queremos Galego
En Baiona non existe conflicto lingüístico

Ante o anuncio de que a Plataforma Hablemos Español ía recoller sinaturas para a súa ILP no concello de Baiona o vindeiro Sábado o Bloque Nacionalista Galego propuxo ao conxunto dos grupos municipais que conforman a Corporación Municipal do Concello de Baiona a elaboración e publicación dun comunicado conxunto expoñendo o seguinte:

  • Nin en Baiona nin en Galiza existe conflicto lingüístico, moito menos a imposición do noso idioma propio sobor do oficial en todo o Estado español. Ao contrario, existen moitos ámbitos onde fica excluído e situado en subordinación ao castelán, polo que crear un discurso da marxinación do castelán na sociedade galega é falaz.

 

  • O galego, como o noso idioma propio debe contar cunha especial protección e as institucións públicas deben fomentar e normalizar o seu uso, o contrario sería unha grave imprudencia e atentar contra unha cultura galega que pola súa existencia non ameaza nin despreza outras culturas, moi ao contrario no carácter integrador do pobo galego non teñen cabida a discriminación, o sinalamento ao diferente nin a xenofobia.

 

  • A vixente Lei de Normalización Lingüística contou na súa aprobación cun consenso froito da unidade de acción de todas as forzas políticas dun amplo abano ideolóxico na defensa do valor patrimonial que nos é propio.

 

  • A única forma oficial do noso concello é Baiona e tentar reabrir un debate sobre a mesma só busca a confrontación e o conflicto para alimentar comportamentos extremos. Non debe caer nesa provocación o conxunto da sociedade baionesa.

 

  • Calqueira colectivo e organización é libre de recoller sinaturas e proponer unha ILP. As organizacións asinantes fan un chamamento para que a xornada se desenrole sin incidentes, evitando caer na provocación de quenes tentan sementar o confrontamento entre baioneses e baionesas, galegos e galegas, co único fin de acadar unha repercusión que por si mesmos non obterían, ao  tratarse de elementos residuais que son fondamente rexeitados pola inmensa maioría da veciñanza baionesa, galega e española.

Diante desta proposta só Esquerda Unida se sumou á mesma, considerano o Partido Popular e o Partido Socialista que non debía producirse.

Así mesmo, o Goberno Municipal comunicou que a autorización otorgada en primeira instancia por Queremos Español sería finalmente revocada, debido a que unha vez consultada ás autoridades policiais tanto do Concello de Baiona como do de Sanxenxo existiría un perigo real de que se produxeran altercados e que debido á intensa afluencia de xente nun fin de semana de Verán o risco de non poder contar con medio suficientes para garantir a seguridade na nosa vila recomendaban non autorizalo.

O Bloque Nacionalista Galego considera que non habendo conflito lingüístico na Galiza alimentar o descurso da imposición só busca a crispación e non se deben entrar nese xogo polo ben da convivencia e para non alimentar iniciativas que veñen nomeadamente promovidas por grupos de extrema dereita que vén na crispación un caldo de cultivo para medrar e contrapoñerse a un Partido Popular que din ver como "nacionalista galego". Esta mera afirmación reflexa claramente o nível de descoñecemento da realidade galega e por elo non debe contribuirse á victimización e visualización que buscan.

En Baiona non existe conflicto lingüístico