Os membros de “La Manada” declarados persoas non gratas a instancias do BNG

La Manada
La Manada
Os membros de “La Manada” declarados persoas non gratas a instancias do BNG

Onde houbo unanimidade de toda a Corporación foi na declaración de persoas non gratas aos delincuentes sexuais de La Manada, moción presentada polo BNG e na que tamén se pedía que se lle dera traslado do acordó aos seus representantes legais, mais que desde o Goberno Municipal solicitaron retirar por non coñecer a quen enviarllo. Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG comprometéuse a facilitar esa información á maior brevidade posíbel, mais conviu co Alcalde de Baiona que a declaración é meramente formal, para que conste públicamente o repudio de toda Baiona a unhas persoas que polos seus actos non son benvidos á nosa vila.