O BNG NON COMPARTE O ACTUAL MODELO, COMPETENCIA DA XUNTA

GES. Servizo necesario, tramitación deficiente

GES. Servizo necesario, tramitación deficiente

Na xunta da Mancomunidade do Val Miñor celebrada no día de hoxe todos os grupos políticos, excepto o Bloque Nacionalista Galego que manifestou a súa abstención, apoiaron a adenda con reparos ao convenio entre Xunta, FEGAMP, Deputacións Provincial e concellos para o servizo do Grupo de Emerxencia Supramunicipal, o antigo GRUMIR.

Este servizo, imprescindible para o Val Miñor, vén desempeñándose cunha xestión irregular en canto ao método de contratación do seu persoal. O feito de ter que aprobar esta adhesión con reparos débese a unha ineficaz xestión tanto da Xunta de Goberno da Mancomunidade do Val Miñor, incapaz de solvertar os defectos reflexados nos correspondentes informes xurídico e de intervención.

Estréase con torpeza o Alcalde de Nigrán, Juan González, non só polo feito de elevar a xunta da mancomunidade un acordo con reparos, sinón tamén por non ter convocado previamente á mesma a correspondente xunta informativa. Agrávase este comportamento coa falta de argumentación na exposición do punto, convertindo a xunta da mancomunidade nun mero trámite administrativo, baleiro de debate e de contido. Esta estratexia englóbase dentro do habitual seguidismo do PSOE no Val Miñor aos postulados de Abel Caballero respecto á Área Metropolitana.

Os reparos observados polo informe de intervención sinalan, ademáis, a insuficiente dotación orzamentaria, xa que o convenio reflexa un custe total de 169.000 € anuais, cando na práctica o real é de 268.535,79 €, aportando a Mancomunidade 132.420,79 €.

En canto á situación do persoal, sinalan ambos informes que se produce unha irregularidade no método de contratación, celebrándose sucesivos contratos temporais, cando ditos traballadores deben adquirir de facto a condición de persoal indefinido da Mancomunidade.

Por todo elo, o Bloque Nacionalista Galego, recoñece que a adenda é un mal menor, sobre todo para preservar os postos de traballo do persoal actual. Mais non comparte o actual modelo, competencia da Xunta de Galiza, no que Medio Rural se retrasa nos pagos, provocando importantes tensións de tesourería e cun mapa de emerxencias desastroso. En concellos onde o BNG goberna non continuou baixo este modelo, asumindo o Concello o persoal.

INFORME XURÍDICO E DE INTERVENCIÓN

ADENDA AO CONVENIO

GES. Servizo necesario, tramitación deficiente