A única oposición ao Partido Popular, o BNG

A única oposición ao Partido Popular, o BNG

mancomunidade-480

Pleno da mancomunidade celebrada no día de hoxe, dezasete de marzo do dous mil quince, asuntos a tratar: recoñecemento extraordinario de crédito e obradoiro de emprego. O Partido Popular, gobernando nos tres concellos do Val Miñor asiste cos seus representantes.

Máis como únicos representantes da oposición asisten, sós ante o perigo, Iago Pereira e Xabier Rodríguez, concelleiros do Bloque Nacionalista Galego en Baiona e Nigrán, respectivamente.

Non existe mellor representación gráfica do que está a acontecer nos nosos concellos. A única alternativa aos gobernos do Partido Popular, os únicos que se toman en serio a súa representación institucional, son os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego.

Quizáis que a asistencia aos plenos da mancomunidade non teñan asignación de dietas teñan algo que ver con esta circunstancia, mais isto nunca foi un menoscabo para que os cargos públicos ostentados por representantes do BNG exercesen as súas obrigas. Responsabilidade, esforzo e adicación son fundamentais para que as institucións públicas volten a ostentar a función para o que realmente foron deseñada, o servizo á cidadanía.