Recurso do BNG ante a Xunta Electoral

Recurso do BNG ante a Xunta Electoral

O BNG-Asembleas Abertas presentará unha reclamación ante a Xunta Electoral Central tras ter coñecemento da celebración por parte do Concello de Baiona dunha rolda de prensa no día de mañá, na que presentará un proxecto xunto á Universidade de Vigo para a recuperación da Praia da Ladeira.

Como se pode observar na nota remitida a diversos colectivos, en perfecto castelán, como non podía ser doutra maneira nun Grupo de Goberno que despreza ao noso idioma contínuamente, a convocatoria realízase para o día 20 de maio, en período de campaña electoral. Durante este período as institucións públicas deben respetar os principios de obxectividade, transparencia e igualdade, polo que non se permite ningún tipo de acto que directa ou indirectamente atente contra os mesmos (Art. 50 LOREX e Instrución da XEC 2/2011), polo que o BNG-Asembleas Abertas decidiu cursar a correspondente queixa ante o organismo correspondente.

Esta actitude do Señor Almuiña non fai máis que remarcar a sensación de impunidade coa que vive e convive constantemente o Partido Popular, obviando as normas democráticas básicas e desprezándoas. Desde o BNG agardamos que a Xunta Electoral poña no seu sitio ao Partido Popular de Baiona, mais deberan ser tamén os baioneses e baionesas quenes fagan ver ao até de agora Alcalde de Baiona que non todo vale e que maioría non significa impunidade.

CORREO ELECTRÓNICO REMITIDO A COLECTIVOS:

received_10206591373604408